Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Nerea Brey: "O meu personaxe refúxiase na música para eludir o mundo no que vive"

"As da obra son irmás que viven nun entorno represivo co que intentan romper"

Unha imaxe da actriz na representación de "6 cubos negros en corpo branco".

A ritmo marcado, entre os queixidos do violín e o frío dun conxelador, pese a aparente falta de conexión destes elementos, 6 cubos negros en corpo branco é capaz de soldados e facer teatro con eles. Dentro desta obra teatral que aterrizará no Salón Teatro de Lalín este venres ás 21.30 horas, a música do violín é precisamente onde a actriz lalinense Nerea Brey atopa o seu refuxio. Unha traxicomedia, amais, que se nutre da obra lorquiana, A Casa de Bernarda Alba para falar da opresión familiar con tintes de humor negro e absurdo.

-O de iniciarse no mundo da obra escénica deveu por vocación?

-Realmente tiven vocación dende sempre. O que pasa é que me daba moito medo adicarme en exclusiva ao teatro porque é difícil vivivir disto ou ter constancia no traballo porque hoxe traballas pero pode que ata dentro duns meses non volvas traballar. Entón o que me levou a estudar xornalismo foi precisamente pensar na dificultade de conseguir ser actriz, así quepensei estudar unha carreira que a priori parece máis estable e con algunha máis saída. Xa nos últimos anos da carreira comecei a estudar interpretación en Santiago e de aí ata estudar de cheo a carreira de interpretación en Vigo.

-Amais de actriz é violinista, consegue ensamblar ben ambas artes: a musical e a escénica?

-Si. Estudei violín durante dez anos e a verdade é que esta obra me permite combinar ambas as cousas. Tamén creo que co xornalismo podo establecer vínculos porque ambas facetas, o teatro e o xornalismo, comunican. Entón parece que sempre hai relación entre as diferentes cousas que fago.

-Entendo que ademais lle fai ilusión formar dunha obra que bebe do mundo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba mais xuntando o toque femenista co e o humor negro e absurdo.

-A obra é unha traxicomedia que oscila entre o drama e a comedia. Conforme avanza o tempo na obra vanse mostrando contrapuntos cómicos, tamén ten un punto inquedante que está apoiado por un espazo sonoro creado polo propio violín máis polo son dos obxectos e, á súa vez a propia escenografía determina esa atmosfera inquedante. O frío é tamén un elemento determinante que ven dado polo frigorífico presente en escena xunto coa cor negra e branca que tamén dominan a escena. Ao longo da obra vaise deconstruíndo o espazo e cada unha dos personaxes que ao comezo se mostran ríxidos. Os paralelismos con Lorca son tamén evidentes. Elas son irmás que viven nun entorno represivo pero que irán intentando romper con esa rixidez que lle impuxeron na educación. Cada unha delas refúxiase nalgo, no caso do meu personaxe refúxiase na música para evitar ese mundo asfixiante no que vive pero tamén como unha forma de expresión.

-Existe algún elemento que poida desvelar e que lle guste ou a motive máis dentro desta obra?.

-O que máis me motiva é a propia evolución dos personaxes, ver como podemos asisitir a eses espazos escuros que ten cada unha e como intentan romper con iso, con esa rixidez na que foron educadas para ser libres para ter unha mellor relación entre elas, e para ser felices na vida, que ao final é o que buscamos todos.

-Hai moitas formas de moverse no teatro, dende a traxicomedia, o drama ou o humor máis absurdo. Pese a que a unha actriz se lle presupón a capacidade de adaptarse a todas elas, hai algunha pola que poida decantarse?

-Eu quizais son actriz máis de drama que de comedia, pero iso non quere dicir que non desfrute por igual a comedia.Sempre me sentín un pouco máis vinculada a obras dramáticas pero, por exemplo, nesta obra os personaxes non son tan definidos seón que son voces de mulleres. Tamén temos traballado de como seriamos nós, de comos nos desenvolveriamos nun entorno así de represivo. Entón non hai personaxes claramente marcados porque estes vanse diluindo ao longo da obra.

Compartir el artículo

stats