Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alberte Lamazares: "Organizamos esta festa arredor do producto local e da ilusión polo rural"

"Calquera que se sinta identificado ca nosa labor está invitado a colaborar"

Alberte Lamazares, onte, en Rodeiro. // Bernabé

Alberte Lamazares, onte, en Rodeiro. // Bernabé

Esta fin de semana a parroquia de Río en Rodeiro acolle a XI Feira Camba Sustentable, que tras tres anos sin realizarse, foi recuperada o pasado curso pola asociación co mesmo nome. A feira compónse da VI Foliada Varacuncas o sábado, con animación infantil pola tarde, concerto do grupo A Roda e foliada ata altas horas da noite, e o domingo a XII Festa da Fartura, cun menú abundante en homenaxe ás tradicionais comidas galegas. O secretario da Asociación, Alberte Lamazares, encóntrase moi satisfeito co traballo realizado polo grupo e espera que os vindeiros anos teñan posibilidade de seguir crecendo.

-Que tal está funcionando a organización e que os motiva?

-Todo está ben coordinado, poderíamos ser máis pero estamos satisfeitos co traballo. Sínteste cómodo porque é xente que quere traballar e facémolo ca finalidade de compartir momentos. Tomamos a decisión de colaborar ca nosa parroquia para impulsar proxectos de apoio ó rural, arredor da súa filosofía e tradición e quixemos reflectir todo esto na Feira-Camba Sustentable. Movémonos polo patrimonio

-Cal é a diferencia entre esta feira e outras?

-Non intentamos buscar a diferencia, senón facer a nosa propia. Somos un concello que vive do sector primario e organizamos esta festa arredor do producto local e a ilusión polo rural, que é algo que boa falta lle fai. Queremos que se visualice alternativas ás produccións industriais como pode ser o leite ou o polo. Os productores que veñen á feira a ensinar os seus productos fomentan a posta en valor do ecolóxico.

-Esperan mellorar os resultados da última edición?

-Teño constancia de arredor de 200 inscritos. Contamos que haxa unhas 150 persoas máis que o ano pasado. A organización foi complicada e eso privounos de pequenos eventos que queríamos engadir no programa, polo que esta edición é coma un ano de recuperación, pero estamos satisfeitos, e esperamos moitos grupos que compren a entrada o venres alí.

-Que actividades ofrece a Feira Camba Sustentable?

-O sábado comezaremos ca foliada dos Varacuncas, conseguimos que o grupo A Roda esté presente no seu 40 aniversario para pechala. Antes actuará a orquestra Pantasma que ven por aclamación pública, porque ten unha animación moi familiar que gusta moito. Tamén contamos con catro grupos de gaiteiros e actividades e xogos infantís. Para participar nela hai que aboar 5 euros que costa unha taza, que dará dereito a viño, auga e torremos. O domingo celébrase a Festa da Fartura, no que haberá moita comida e grupos musicais.

-Reciben algunha axuda?

- A Deputación de Pontevedra financia a actuación de A Roda e nos facémonos cargo dos gastos de son e palco, aínda que esperamos algunha outra axuda para gastos de organización. Tamén solicitamos ó Concello de Rodeiro que aporte a mesma cantidade do ano pasado, que foron 2500 euros. Confiamos no grupo do goberno en que non haberá problema. Tamén temos colaboracións e patrocinios que nos envían parte das actividades e axudan económicamente. Calquera que se sinta identificado ca nosa labor está invitado a colaborar.

-Hai posibilidade de recuperar os pendellos de Río?

-A día de hoxe son privados e non sei se sería posible pero é un patrimonio que non deberíamos desperdiciar. Creo que o goberno non debería esquecer todo o que podería aportar á parroquia.

-Que proxectos teñen en mente cando a feira remate?

-Nós propuxemoslle ó Concello que se necesitan que lles botemos unha man ca organización doutros eventos estaremos dispostos Temos moitas ideas pero quedaron no tinteiro porque requiren moito traballo, como poden ser actividades que fomenten a dignificación do sector primario galego. Pretendemos seguir colaborando cos Varacuncas e intentaremos organizar algún magosto. Se sae tan ben como a organización da feira estaría moi satisfeito, ademáis de que a comarca necesita destes eventos para dar un pouco de vida, que cada vez parece máis complicado.

Compartir el artículo

stats