Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tonhito de Poi: "No Faro acabei na cima dun pino e quero que o público suba tan alto"

"Non podemos sacar a xente da casa para nada, temos que nutrila"

Tonhito de Poi. // Iñaki Abella

Mañá a partir da media noite a taberna Bruxas e Curuxas de Rodeiro acollerá o concerto dun dos artistas máis populares do panorama galego. O polifacético Tonhito de Poi chega a terras de Camba con ganas de ofrecer unha actuación peculiar. As entradas, por 5 euros, poden collerse no mesmo local.

-Que ofrecerá no espectáculo de mañá en Rodeiro?

-É unha actuación con algún dos temas nos que estiven traballando últimamente. Está inspirada en cánticos traídos de tribus que viven na profundidade da selva.

-Desta volta non será unha actuación en solitario.

-Non. Conmigo estarán dous maestros do panorama musical. Por un lado o gran guitarrista Chuchu Pimentel, que tal y como el mesmo explica para el tocar a guitarra é un sacrificio, un "sacro oficio". E tamén nos vai acompañar Pulpiño Viascón, que é un dos artistas máis vangardistas que coñezo. É un dos mellores de Europa tocando o serrucho, ademais dun multinstrumentista, que toca o acordeón, a batería, a percusión. Tocará tamén un instrumento que se chama Zendrum, e a Game boy. El é o único en Galicia que a toca. É un programa que no norte de Europa está máis extendido. No é que esté de moda, porque é bastante complicado controlar o programa e lograr facer música como el o fai.

-Xa presentaron antes o traballo?

-Presentámolo en Viveiro hay uns días e a xente quedou realmente impresionada.

-Combinarán pezas da selva con outras da súa traxectoria musical antes da súa visita a Amazonía?

-Si claro. Vai haber un poco de todo. Desde pezas que escoitei na selva ata os clásicos. Aqueles temas máis profundos que eu teño e que someteremos a unha revisión musical feita por este trío. De feito tanto o espectáculo como o propio trio chámase O encanto da anaconda.

-Cánto tempo levan colaborando xuntos?

-Na sombra bastante tempo, dende o verán pasado. Co paso dos anos pesa máis a responsabilidade. Antes era máis inconsciente e dabas o salto ó escenario dunha forma máis impulsiva, inconsciente, descoidada, pero agora esperas a estar máis seguro. Queres que a xente goce, que teña unha experiencia que os marque. Non queremos sacar a xente da casa para nada e moito menos cobrarlles unha entrada. Queremos que se nutran ben, que vaian ben alimentados, polo menos coa alma nutrida.

-Ademais, non é a primeira vez que actúa en terras de Camba?

-Rodeiro para min é un sitio moi especial. Ademáis, o concerto é moi simbólico porque é o venres 12 do mes 12, ás doce da noite nun local que se chama Bruxas e Curuxas. É como dar a misa do galo alí. Coincide tamén que é na rúa A no número 27 e eu son Antón Axeitos Ares, tres "as", e nacín o día 27 no número 27 na rúa Poio. Ademáis a última vez que estiven en Rodeiro, toquei no monte Faro e acabei subido na cima dun pino. Fora un concerto en plena natureza e moi especial para min.E desta volta quero que o público suba tan alto coa nosa música como eu subira daquela.

Compartir el artículo

stats