Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luis Davila: Emprego o galego por convicción propia; síntome moito máis cómodo"

Luis Davila: Emprego o galego por convicción propia; síntome moito máis cómodo"

"Para min isto é toda unha novidade, recibir un recoñecemento deste tipo, pero estou orgulloso", declarou onte Luis Davila, a quen o padroado dos San Martiño decidiu conceder o premio á normalización no ámbito galego. Explica este deseñador gráfico e humorista, colaborador habitual de FARO DE VIGO, que sabía dos premios que promove O Brado na Estrada polos medios de comunicación. "Vendo a calidade dos premiados doutros anos, para min é todo un orgullo que me recoñeza esta asociación", sinala. "Eu o que fago é tratar de reflictir a idiosincrasia e como somos os galegos a través do humor, ademais da denuncia da actualidade", afirma Davila. "Emprego o galego por convicción propia. É o meu humor e o meu modo de expresarme máis fundamental. Síntome moito máis cómodo facéndoo en galego e, sendo así, se consideran que son parte da difusión e da normalización do galego neste país, estupendo", manifesta cando se lle indica que lle chega este recoñecemento polo uso do idioma a nivel de toda Galicia. Non deixa de recoñecer que recibir este galardón "foi toda unha sorpresa", tendo en conta que estes premios concédense sen que un se presente.

Compartir el artículo

stats