Dous meses despois, a prensa americana faise eco do asunto. O semanario bonaerense El Heraldo Gallego (14-3-1926), órgano das colectividades galegas no Río da Prata, publica (páxs. 6 e 7):

"¿Hallazgo de un tesoro? ¿Procede del pirata Benito Soto?

Está intrigadísima la gente en Pontevedra con motivo de haber circulado la noticia de un importante hallazgo en terrenos adquiridos por el conocido contratista don Manuel Fontao, cerca del puente de la Barca, en el barrio de la Moureira a pocos metros de la ría.

Dícese que de unas excavaciones que se practican en dicha propiedad, fue hallado un baúl de regulares dimensiones, completamente cerrado, cuyo peso era de tal naturaleza que fue necesaria la intervención de cuatro obreros para transportarlo a un carrillo que poco después lo condujo al domicilio del señor Fontao.

El jefe de policía puso el hecho en conocimiento del Juzgado, consignando además que, muy cerca del referido baúl o caja, fueron hallados también una espada y una pistola.

El público se hizo inmediatamente cargo de estas noticias, abultándolas con toda clase de detalles y dando por hecho que el baúl referido encierra un verdadero tesoro, procedente acaso del famoso pirata pontevedrés Benito Soto que en 1828 recorrió algunos mares de Europa y América cometiendo toda clase de crímemes.

Como en la historia del proceso de Soto -ahorcado en Gibraltar- se habla de que en Pontevedra alijó dos baúles cargados de joyas y pedrerías, cuyo paradero se ignoró siempre, no nos sorprende que la fantasía popular haya querido encontrar relación entre el supuesto hallazgo de ahora y aquellos tales episodios de antes.

Cumpliendo nuestro deber de informadores, damos estas noticias sin responder en lo más mínimo de la exactitud del hallazgo del tesoro.

En cambio, sí aseguramos que el señor Fontao nos ha dicho que no es cierto que haya aparecido tal baúl ni que haya sido transportado a su casa.

El juez instruye diligencias para aclarar lo ocurrido.

Desfilaron centenares de personas por el sitio indicado, examinando las excavaciones y haciendo toda clase de conjeturas".

No predio escolleito polos bucaneiros para achantar o valioso cofre existiu, até a súa derruba, unha choupana na que residira, durante moitos anos, Manuela Rodiño, veciña da Moureira da Barca. Por motivos que descoñecemos, os bandidos escolleran o subsolo daquela vivenda para soterrar a riqueza subtraída. José Benito García, no seu libro "Habladme piedras" (2013), afirma que aquela muller, ao coñecer a noticia, non puido disimular o seu desgusto, "pues una gitana en una ocasión le dijera que estaba viviendo sobre un tesoro".

A propiedade foi adquirida por Manuel Fontao para edificar unha nova vivenda que, por mor do achádego, se lle deu o nome d'A Casa do Tesouro. Demolida, á súa vez, no último terzo do século XX, hoxe situaríase entre a rúa da Barca e a rúa de Pilar Bértola, antano, lindeiras coa beiramar.

J. B. García escribe na páxina 249: "Bastantes años después, vecinos de los herederos del Sr. Fontao reconocían, en conversaciones privadas, que en la citada excavación había aparecido algo de gran valor".

Nas proximidades, unha rúa preserva a Benito Soto do esquecemento. A decisión de engadir o nome do pirata á guía de rúas de Pontevedra non estivo exenta de polémica, malia que, as mesmas voces discordantes garden silencio cando se trata de facer cumprir a Lei de Memoria Histórica.

Mais, quen viña sendo o Sr. Fontao? Manuel Fontao García era, en 1926, un reputado contratista de obras. Nado en Cerdedo, axiña se aveciñou en Pontevedra onde contraeu matrimonio (o 5 de maio de 1923) con Ermidas Mateo Rodríguez, residindo nunha casa, sita na estrada de Marín. Froito do matrimonio, nacerían María do Carme e María das Ermidas. Manuel Fontao foi un próspero e sacrificado emprendedor.

O xornal El Diario de Pontevedra do 17 de abril de 1926 (páx. 2) achega a lutuosa da súa nai, coa que confirmamos a súa procedencia cerdedense: "Anteayer falleció en Cerdedo la anciana madre de nuestro estimado amigo el inteligente contratista de obras D. Manuel Fontao, al que hacemos presente sentido pésame por pérdida tan dolorosa". Intuímos que o pai de Manuel Fontao García era Manuel Fontao Valadares, protagonista, canda o boticario Gamallo, da loita pola propiedade pública da fonte da Mina contra os intereses da cacicada cerdedense (Léase: "O ano que chimpamos o cacique" (2011)). Manuel Fontao García tiña dous irmáns, Bernardiño e María.

Dende 1906 e deica o seu pasamento, acontecido o 10 de novembro de 1932, o nome de Manuel Fontao reflíctese decote na prensa galega, vencellado á licitación e execución dunha inxente obra pública: construción da estrada de Herves-porto de Fontán, prov. da Coruña (1905); ancheamento da ponte de Pontecesures (1910); construción, entre Filgueira e Cortegada, da ponte sobre o Miño (1912); construción da estrada A Cañiza-A Pousa (1913); construción da estrada Casas Novas-Tomeza (1914); construción da estrada Ponte das Poldras-Pontevedra (1917); construción da estrada Salvaterra-Filgueira, conexión coa estación de Filgueira (1917); construción da estrada Bande-fronteira con Portugal (1921); obras do camiño de ferro Xixón-Ferrol (1922-1928); arranxo da estrada Villacastín (Segovia)-Vigo (1925); construción da estrada O Barqueiro-porto de Bares (1925); arranxo dun tramo da estrada A Coruña-Pontevedra (1925); arranxo da estrada Vilapouca-Pontevea (1925); arranxo da estrada Navia-Becerreá (1926); construción da estrada Celas de Peiro-Santa Comba, prov. da Coruña (1926); construción dun tramo da estrada Bande-Frieira (1927); instalación do piso de madeira na ponte metálica sobre o Sil, na estrada Pobra do Brollón-Ourense (1927); obras do camiño de ferro A Coruña-Compostela (1928-1931); construción dun "rañaceos" (sete andares) na rúa García Camba de Pontevedra (1928); construción e posterior ampliación do porto da Pobra do Caramiñal (1926-1929); obras do porto de Burela (1930); construción do colexio Froebel, en Pontevedra (1930); construción dun camiño forestal en Figueirido (1932) que, en 1935, tres anos despois da morte de Fontao, acadaría a Cruz da Maceira...

A morte seica sorprendeu a Manuel Fontao na flor da vida (tan só seis anos despois do óbito da súa nai). O xornal El Pueblo Gallego do 11 de novembro de 1932 publica, na páxina 9, a súa necrolóxica:

"Fallecimiento del señor Fontao

Ayer, al mediodía, dejó de existir en esta capital el estimado convecino y conocido contratista don Manuel Fontao García.

En plena juventud estaba en posesión de una posición desahogada, labrada con su intenso trabajo y con sus excelentes dotes de honorabilidad y competencia.

No solo en Galicia, sino en otras regiones de España, era muy conocido, por las importantes obras tenidas a su cargo.

Aquí en Pontevedra, donde residía hacía muchos años, se le quería generalmente, y su muerte es sentidísima.

Hoy, a las cuatro, se verificará su entierro, y este acto constituirá una sentida manifestación de duelo.

Reciba su familia, especialmente su distinguida viuda, la expresión de nuestro pésame más sentido".

Transcorridos cinco meses (5-4-1933), acaecería o falecemento do seu socio, o tamén contratista Manuel Vázquez Gil. En 1905, adxudicáranselle a Vázquez Gil as obras de construción do Gran Hotel da Toxa (O Grove), promovido polo marqués de Riestra, e do cuartel de San Fernando (Pontevedra). En xaneiro de 1933, tres meses antes do seu deceso, asígnanselle as obras do cuartel de Campolongo (Pontevedra).

Mesmo entre os descridos, a sinistra cadea de acontecementos fixo albiscar a sospeita dunha maldición.

(Continuará).