Cando o galego recita a paisaxe
Gamy estrea un rap inspirado nas mámoas de Oirós e Rodeiro aproxímase a Díaz Castro

Gamy, no centro, anicado, con outros compañeiros, onte, na presentación do seu novo tema.
LALÍN
Xosé María Díaz Castro, o autor ao que este ano se lle didican as Letras Galegas, e a súa "poesía da paisaxe" centraron o tema da conferencia que onte impartíu o escritor e catedrático Xesús Manuel López Valcárcel en Rodeiro, dentro do programa Ler Conta Moito. Escolares do CPI da localidade encheron o auditorio do Centro Cultural para render homenaxe ao poeta, que describiu en verso o mundo que o rodeaba. Noutro formato, pero con similar filosofía, o mozo rapeiro cruceño Gamy -Alejandro Gómez Santiso- tamén pon melodía ó pasado e presente máis próximo da tradición galega. Faino no tema Palabras de Pedra, que estreou onte no instituto Marco do Camballón onde cursa primeiro de Bacharelato.
A peza "é un apoio ao proxecto Mámoas do Camballón. Palabras de Pedra", que vén desenvolvendo o centro cruceño, explica o compositor. A necrópole megalítica e as lendas asociadas servíronlle de inspiración a este estudante, que fixo unha comparativa entre a importancia das mámoas de Oirós e "a forza da lingua e o que leva loitando" pola súa supervivencia. Ensinándonos as palabras de pedra/aprendéndéndonos a resistir todo a pesar dos golpes/e como antigos guerreiros seguimos sendo fortes. Son algúns dos versos da peza, candidata a ser incluida no disco que o músico conta publicar en setembro.

Cando o galego recita a paisaxe
Ao acto de presentación, celebrado no propio instituto, acudiron compañeiros seus; o mestre Séchu Sende; e Álex Fiuza, en representación da asociación Novo Cruceiro Rock, colectivo colaborador do proxecto educativo. Precisamente, esta asociación programa actos para o Día das Letras o sábado 17. Entre as 11.30 e as 13.00 horas, na praza diante do consistorio cruceño, celebrará un obradoiro de creación, con pintadas de cartaces con frases célebres de Díaz Castro. Logo, entregará os premios aos gañadores do concurso de relatos 'Rastalabras' e procederá á lectura dalgún fragmento da obra do poeta homenaxeado.
Música en Rodeiro
Por otra banda, a Coral Polifónica de Rodeiro e os Gaiteiros Os Arandos, tocarán tamén o sábado no Festival de Música Tradicional na honra das Letras Galegas. O concerto comezará ás sete da tarde na Casa da Cultura de rodeirense.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro