A Bandeira presume de meda
Máis de 200 persoas acoden á malla de trigo na explanada do edificio Zurbarán e na que traballaron dúas máquinas antigas
SALOMÉ SOUTELO | SILLEDA
Á terceira foi a vencida. A malla tradicional que organizou por segundo ano Aurelio Fernández Villaverde non se puido celebrar o pasado 28 de setembro, á espera de que o tempo axudase, e aprazarase para antonte. Finalmente, as máquinas encendéronse onte, en xornada dominical e bendecidas por unha tregua das chuvias que, iso sí, humedeceron de máis o trigo, atado en mollos e colocado, como tén que ser, nunha meda.
Se o ano pasado a malla foi en Rellas, esta vez tocou na Bandeira, na explanada do edificio Zurbarán. En torno a 200 persoas desprazáronse a este lugar para ver cómo 30 veciños se repartían as tarefas da malla: noutros tempos, as mulleres axudabann a pasar cada mollo desde á meda ó taboleiro da malladora. A de Bandeira é unha máquina de 80 anos que se conserva en perfecto estado. Son, ou eran, elas tamén as que se encargan de cortar os mollos xusto antes de entraren en dita máquina e, aínda que na malla de onte non se fixo, antano era tamén un traballo feminino aventar ou coañar o gran, para separar a maior palla posible e facilitar que aquel quedase máis limpo. Unha segunda máquina, ésta con 40 anos enriba, encargouse desta tarefa. Os homes, mentres, ían pasándose os mollos uns ós outros para ir facendo o palleiro.
O pasado venres, no programa da TVG Luar, Villaverde xa fixo unha demostración dun dos traballos do agro que pasa por ser o que máis precisaba unha gran colaboración e coordinación veciñal. Non era a primera vez que o político trasdezán visitaba o plató deste espacio, "pois xa estivéramos no ano 96, con motivo da xira que íamos facer Os Carqueixas por Cuba", lembra. Tanto o ensaio do venres como a malla de onte saíron, para o organizador, a pedir de boca. A única pega pode ser certa humidade no trigo que, por outra banda, fixo que o gran se separase mellor da palla.
Representación política
Trala demostración, tivo lugar unha comida na que participaron máis de 80 persoas. Entre elas, o alcalde, Manuel Cuiña, e varios concelleiros do seu goberno, así como o portavoz do Bloque, Matías Rodríguez da Torre. A organización botou en falta algún representante do PP. Esta ausencia, a entender de Villaverde, deixa ver "o escaso aprecio que lle tén este partido político ó agro".
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- «Vivo con la angustia de si va a conseguir salir para quitarse la vida»
- La borrasca Éowyn supera las previsiones en Galicia: ya se registran vientos de más de 170 kilómetros por hora
- Remolcado un portacontenedores que se quedó sin motor a la entrada de la ría de Vigo
- Muere una mujer de 89 años en un incendio en su casa en Porriño
- Una deuda de 215.000 euros ahogó la segunda vida del clásico restaurante Follas Novas de Vigo
- La familia Armada acelera la venta del histórico astillero por cuatro millones
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro