Carlos Labraña valora o "Estornela" por protexer o teatro infantil galego
Lorenzo eloxia a Neira Vilas pola súa labor en prol da cultura no medio rural de Galicia
Alfonso loño - Vila de Cruces
Carlos Labraña recibíu onte na Fundación Xosé Neira Vilas de Gres (Vila de Cruces) o premio do certame de teatro infantil Estornela e nesta parroquia cruceña reivindicou un galardón que serve para protexer e impulsar esta arte escénica entre os máis novos. Este arquitecto técnico natural de Cedeira destacou a importancia "de que as pezas teatrais non queden nos papeis, senón que teñan vida", e apuntou que o Estornela e desde hai anos un premio asentado como foron outros que hai preto de medio século naceron na Coruña ou en Ferrol.
"Non hai moitos premios de teatro infantil e este é para min un moi especial", dixo pouco despois de recibir o galardón de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Labraña gañou a sexta edición dun certame bienal coa triloxía Teatro de xoguete, será publicada por Edicións do Castro, ademais dos 1.000 euros cos que está dotado económicamente o premio.
O acto oficial comezou pouco despois das cinco da tarde coa lectura de poesías por parte das nenas María Pena e Alba Codesido, logo de que o secretario da Fundación, Valentín García, dera a benvida aos presentes. O escritor e editor estradense Xosé Luna Sanmartín falou intres despois ao ser seleccionada a súa obra Tulipáns vermellos coa mención de honra desta edición. Luna destacou a "traxectoria ética de Carlos, que é igual á estética" e avalou o traballo de Labraña como creador e investigador desta arte escénica. Felicitou a Xosé Neira Vilas, que o 5 de xaneiro intervirá na Estrada nun acto con motivo do 50 cabodano da publicación de Memorias dun neno labrego. O autor apuntou que a súa obra trata de amosar a realidade da infancia en países sen dereitos fundamentais e dixo que en lugares coma Afganistán "os nenos teñen prohibido ser felices".
Antes de que o alcalde cruceño, Jesús Otero, pechase o acto, intervíu Anxo Lorenzo. O político trasladou a Neira Vilas a felicitación do goberno galego pola efeméride da súa novela máis universal e lembou que a estornela foi un xogo moi popular entre os nenos do rural durante moitos anos e agora serve para patrocinar a creación de teatro infantil. Amosou a súa "admiración" polo escritor e presidente da fundación que leva o seu nome e tivo palabras de recordo para a que foi a súa compañeira e impulsora deste premio, Anisia Miranda.
O acto, que foi retransmitido en directo por internet a través da páxina web da fundación, avanzou con outro recital poético. Os nenos Xabier Toubes e Byron Blanco leron dúas composicións, que deron paso a unha breve representación teatral a cargo do grupo Metátase, de Palas de Rei. Afonso García e Óscar Varela representaron a peza Terra, e a nena Cintia García escenificou o monólogo Ausencia, co que se pechou o acto.
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Una prórroga al sistema y a Televisión Española
- Muere abrasado por las llamas en el interior su vehículo en Redondela
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase