As gandeirías lalinenses; Blanco, de Pardesoa; Berdón, de Botos e Fraga de Goiás acadaron a maioría dos premios do XIII Concurso Frisón Feiradeza que se celebrou onte no mercado de gando da localidade. Unha gandeiría habitual á hora de recibir o maior número de premios do certame dezao, a SAT Blanco de Pardesoa, impúxose na sección de Vaca Gran Campiona co exemplar Rita 480, que tamén gañou na categoría de Vaca Adulta. Esta explotación obtivo tamén o galardón como mellor rebaño, ou Vaca Xoven. Aínda que SAT Blanco acadou o maior número de méritos, na sección de Mellor Criador gañou a gandeiría Berdón, e a sociedade Fraga impúxose no capítulo de mellor Xata e Xovenca do certame.

O evento gandeiro contou coa presenza, entre outros, do alcalde de Lalín, Xosé Crespo; o delegado de Medio Rural, Gonzalo Constenla e responsables de Africor Pontevedra que foron os encargados de entregar os galardóns nunha soleada mañá que motivou que se abarrotaran as gradas que se instalaron no recinto feiral para seguir o concurso. A firma Xenética de Fontao doou á organización embrións para premiar a un animal en cada unha das categorías. Na sección de Xatas de 8 a 10 meses gañou Fraga Titanic Minerva da gandeiría Fraga, mentres que o segundo premio foi para O Marco Duplex Mora da gandeiría Couso de Siador (Silleda).

A Xata Blanco H Locust Noelia III 304, de SAT Blanco foi a gañadora na sección para animais de 11 a 13 meses.A seguinte sección que entrou en concurso foi a de Xovencas de 14 a 17 meses. Neste categoría resultou gañadora a gandeiría Berdón co animal Berdón Louro 7721 Leona. En Xatas de 18 a 21 meses e de 22 a 29 meses, gañaron Fraga Allen Furia, de Fraga e Blanco Locust Fabiola, de SAT Blanco respectivamente. Finalmente, resultou elexida Xata Campiona Fraga Titanic Minerva da gandeiría Fraga e a Xovenca Campiona correspondeu a Fraga Allen Furia, da mesma explotación. Fraga Allen Furia, alzouse finalmente tamén co título de Xovenca Gran Campiona.

A continuación arrancou a sección de Vaca Xoven Campiona, que acadouno Bos Blanco Stormatic Dana ET, de SAT Blanco. Este animal tamén foi elexido Mellor Ubre nesta sección. En Vaca Intermedia Campiona o primero posto levouno Ulight 7913, da gandeiría Carballeiras, de Goiás, acadando tamén o Mellor Ubre. Logo entrou a concurso a sección Vaca Adulta Campiona, e neste apartado, Rita 480 gañou tanto a sección como o título de Vaca Gran Campiona Feiradeza. Finalmente, o xurado valorou os animais que concorrían aos títulos de Mellor Criador Feiradeza e Mellor Rebaño do certame. A SAT Berdón de Botos foi elexida como Mellor Criador, quedando en segundo lugar Sonia Fernández Méijome representando á gandeiría Fraga de Goiás.

Mellor Rebaño

Mentras tanto, SAT Blanco, de Pardesoa presentou para o xurado o Mellor Rebaño, quedando, nesta ocasión Berdón en segundo lugar. Os encargados de realizar as valoracións dos animais foron: José Manuel Medina, xuíz nacional de Conafe, e o director técnico do concurso José Rodríguez López. No certame gandeiro tamén se celebrou o concurso de Xóvenes Manexadores, que puxo o peche á xornada. La primeira sección, Xóvenes de entre 8 e 12 anos, o xurado considerou gañadores a todos os cativos que se presentaron. Lucía Gañete, Cristina González, Avelino Souto e Alejandro Gañete obtiveron o citado galardón. Mentras que na categoría de Xóvenes entre 13 e 17 anos o xurado, despois que rapaces tivesen que presentar durante varios minutos aos animais perfectamente acicalados no ring de concurso, acordou entregar o primeiro premio a Diego Canda Santos, quedando como segundo clasificado, José Alberto Iglesias Vila, e o terceiro premio foi para o neno Iago Gómez García.

O sorteo de vacas premia a veciños de A Xesta e Catasós

Aínda que os concursos estiveron moi concorridos, o numeroso público que se achegou ata o recinto do campo de feira lalinense, agardaron ata preto das 15.00 horas para que comezase o sorteo dunha vaca e unha becerra. Despois de que a organización sacase varios números, e nalgún caso se aparecer o posuidor do boleto premiado, finalmente a primeira rifa gañadora fixo que un veciño de A Xesta, Isolino Fernández, resulultase gañador da vaca adulta. Mentras que outros anos tamén se entregaba unha becerra, este ano a organización sorteou o seu valor, 600 euros, cuio número o posuía Ester Hermida de A Cabreira (Catasós). Tamén se sorteou, entre os gandeiros concursantes unha vaca da finca de Mouriscade que doou a Deputación e que gañou unha gandeiría de Gresande.