El Barro Club de Fútbol despide a uno de sus hinchas más carismático, Herlindo, aunque para todos era "Benigno". Aficionado fiel, no se perdía un partido del equipo principal y no perdía pista de las categorías inferiores. Falleció en las últimas horas y el presidente del equipo de fútbol ha querido transmitir unas emocionadas palabras de homenaje y despedida al infatigable seguidor, y de acompañamiento a familiares y amigos.

"O teu transistor non se apagará, será un recordo para sempre. Ti vaste, pero o teu espíritu quedará con nós.A perda que sufrimos hoxe é algo moi doloroso que vai ser difícil de superar. Herlindo, pero para todo mundo Benigno, para todo este club non solo eras socio e afeccionado, eras "O AFECCIONADO", o que máis veces viñeches ver o Barro tanto na casa coma de visitantes.Sempre coa radio e as túas palabras animando ao equipo: "Hai que meter martillo", "Veña Rober", "Vamos Perón", "Veña Arquero", "Que bueno é" (por Dani e todos os porteiros do club), "Pero que ben xogan, dá gusto velos xogar", aínda que fósemos perdendo... Seguro que hai moitas frases máis que sempre recordaremos e que, dende aquí, vos animamos a compartir.Benigno, non te olvidaremos xamáis. A historia do Barro C.F. está moi ligada a túa presenza, especialmente nos partidos do equipo sénior, pero tamén cando seguías polo xornal as diferentes categorías da base.Tamén lle encantaba o Interparroquial e disfrutaba vendo ás seis parroquias, sobre todo a súa da Portela.Pero Benigno era un home super coñecido no mundo do fútbol afeccionado e veterano. El sacaba tempo para ir ver os equipos veteranos de Barro, Terras de Curro, Carballo da Portela e Barro. Ademáis os domingos se o Barro xogaba máis tarde fóra, aínda aproveitaba para ver outro partido nun campo próximo. Era tan coñecido que casi ningún club lle cobraba a entrada e de feito, eu siempre lle dicía "ti dis que es o Presidente", ademáis todo elegante sempre.A Roberto e Víctor, tamén exdeportistas do Barro C.F., a masa social, xogadores, corpo técnico e Directiva trasladámosvos o noso gran pesar, condolencias e moitísimos ánimos, máis aínda nesta situación na que non podemos acompañarvos.Sentimentos que extendemos a súa muller, noras, netos e a toda a familia.Recibide unha aperta enorme.Benigno sempre con nós. Q.E.P.D."