21 de febrero de 2017
21.02.2017
In memoriam // Manuel Garrido Arruti

Na lembranza de "Arruti", árbitro internacional de rugby

21.02.2017 | 03:06

A gran familia do rugby galego e, singularmente, a dos practicantes e amantes deste deporte na cidade de Pontevedra, está de loito. O venres, sempre arroupado pola súa familia, faleceu Manuel Garrido Arruti, un dos referentes históricos do deporte do balón ovalado en Galicia. Coñecido por "Arruti" nos ambientes rugbísticos, foise este venres despois de soportar con valentía, e durante moitos anos, unha moi grave enfermidade coa que loitou como o máis bravo dos pilier.

Como tantos miles de galegos dos anos sesenta do pasado século non lle quedara outra que abandonar a terra que o vira nacer hai 74 anos, primeiro para facer a mili como paracaidista e, posteriormente para forxar un futuro laboral que lle conducirá a unha longa experiencia laboral en Barcelona. Foi precisamente na capital catalá onde Manolo Garrido descobre o rugby e pasa a formar parte do Natació Montjuïc. Neste equipo e onde se forma como xogador, adquire experiencia e, á vez, namórase definitivamente dun deporte que,ten que deixar de practicar logo dunha dolorosa lesión a os 28 anos.

Desde Barcelona, convértese nun arbitro que pasa a percorrer semana tras semana todos e cada un dos campos de rugby de Cataluña e o seu prestixio como árbitro subiu enteiros co paso do tempo culminando cando foi seleccionado pola FIRA para dirixir en Lisboa un encontro entre Portugal e Marrocos en 1982 e que significou o seu debut como arbitro internacional á vez que, con el, se converterá no primeiro galego que logra un nomeamento de tal altura deportiva.

Retornado a Galicia tamén por motivos laborais, "Arruti" foi dos que en 1983 poría en marcha unha nova Federación Galega de Rugby na compaña de Maxi Casares, Gerardo Dorda, Pedro Cano, Ezequiel Patiño e Pepe Flores.Mais a súa misión principal continuou a ser a arbitraxe e a formación de novos colexiados.

Desenvolvendo a súa actividade laboral xa na cidade de Pontevedra, en 1988 recibiu con enorme alegría a fundación, por parte dalgúns daqueles xogadores que dirixira como árbitro nas competicións universitarias galegas, do Mareantes Rugby Clube Pontevedra. El foi dos primeiros que ofreceu os seus consellos e experiencia para que aquel grupo de universitarios, encabezados e animados por Benito Hermida. Arruti pasou a ser o primeiro Presidente do recién creado Clube e unha referenza para todos eles. Tanto no aspecto asociativo como por medio das súas conversas no terceiro tempo.

Retirado da arbitraxe por motivos de idade, sempre se mantivo atento aos éxitos tanto do seu querido Mareantes como das formacións galegas que chegaron a categorías que nunca antes se acadaran nin se soñaran. Un primeiro recoñecemento a súa ampla traxectoria foi cando un encontro internacional entre España e Portugal celebrado en Santiago no ano 1999 foi celebrado na súa homenaxe. Posteriormente, cando xa se lle detectara a súa dura doenza, os seus vellos compañeiros do Mareantes RCP, reuníronse para xogar un partido de confraternidade no que participaron boa parte dos que, fundaran décadas atrás o xa histórico quince pontevedrés, e naquela misma data foi nomeado Presidente Honorífico do Mareantes".

*Ex presidente da Federación Galega de Rugby

e do Mareantes RC

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Este sábado, a las 16.15, se disputa el Celta - Valladolid y en FARO te invitamos a Balaídos. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido.