O pasado martes foisenos sen lugar a dúbidas un dos remeiros máis grandes que marcou unha época naquelas apaixoantes regatas de traineras de grande rivalidade, que por aquel entonces os afecionados ao remo seguían con paixón, enchendo as escolleras e muelles onde se competía.

Trátase nada máis e nada menos que de José Núñez Martínez "Piño O Piquero". Un dos remeiros máis emblemáticos que destacou sen dúbida ninguna pola súa destreza no manexo da pica nas viradas das regatas de traineras.

Os que por aquel entonces empezamos a remar con el nas competicións, alá po los comenzos dos anos 80, primeiro co clube de remo de Tirán e de seguido co Clube de Remo San Xoán de Tirán, onde a bordo da lendaria e mítica "Anduriña", con Suso Piñeiro de patrón, sempre gañaban o premio a mellor virada e tamén hasta fai pouco como remeiro veterano na Sociedade Deportiva Tirán.

As xuntas directiva dos clubes de remo, así como todos os remeiros e remeiras das distintas categorías, tanto os que que estiveron con el coma os actuales, destacan a súa grande deportividade e personalidade.

Os que tivemos a honra de remar o teu carón na trainera "Anduriña", onde pasamos xuntos grandes alegrías como cando gañamos a Bandeira Conde de Fenosa, Bandeira do Corte Inglés, Bandeira da Xunta, por destacar algunhas entre tantas outras conseguidas, e tamén pasamos alguhas penas cando nos tocaba asumir a derrota.

Nesa pica que a túa filla levaba nas súas mans o día que marchache e que te acompaña na túa despedida está cargada de grandes lembranzas. Non só dos días de competición, senón tamén dos días de duros entrenos ao longo de moitos anos.

Ata sempre Amigo. No noso recordo seguirás levando a pica coa que tantas alegrías nos deche a todos os que levamos o remo no corazón.

*Remeiro da Anduriña