Fútbol | Promoción de Ascenso a Segunda RFEF

«Hai ilusión e ganas de dalo todo»

O pasado domingo, no Novo Municipal, Coque recibía unha homenaxe despois de vestir a camisola do Clube Deportivo Estradense en 300 ocasións. O porteiro rojillo aínda non sabe se xogará en Sarria esta fin de semana ou se o fará na casa no encontro de volta do play-off a Segunda RFEF.

Coke asina o domingo na bufanda dunha siareira. |  Jesús Figueroa

Coke asina o domingo na bufanda dunha siareira. | Jesús Figueroa

A Estrada

Diego Álvarez, «Coke», ten 34 anos e luce o brazalete de capitán dun Club Deportivo Estradense que nunca abandonou. Atrás quedan trece tempadas, nas que o gardameta foi sumando partidos ata chegar aos 300 baixo palos.

Como vai a semana previa ao enfrentamento coa Sarriana?

Esta sendo unha semana como as que levamos vividas dende que estamos na fase. Hai moita ilusión e ganas de dalo todo e chegar o máis lonxe posible. Xa está sendo algo histórico como se viu o domingo no Novo Municipal, cunha entrada nunca vista. Agora o equipo quere máis porque vese con posibilidades de chegar á final par poder ascender.

Xogará a ida na Ribela ou haberá que agardar á volta?

Se che digo a verdade, non teño nin idea. Eso habería que preguntarllo ao míster porque eu non sei. Como pasou en toda a tempada, hai que xogar con toda a forza e se hai que estar no banquiño pois tamén, animando aos compañeiros. Ao final, aquí somos todos un.

Como se viu diante do Noia?

Bastante ben. Ao final, está claro que non é un partido normal e nótase na xente, hai máis medios e ganas de darlle alegría á afición.

E tan mal rival a Sarriana como estase a comentar?

Unha vez que estas aquí che vai tocar con equipos moi bos. E verdade que na liga perdimos os dous partidos pero foron bastantes disputados e que poideron caer para calquera dos dous. Nós cremos e pensamos que agora podemos ganarlle a calquera. A vantaxe que temos é que o partido de volta xogámolo aquí e que en caso de empate global nos vale tamén.

Hai plantel para xogar na Segunda Federación?

Eu penso que si. O groso do equipo, no caso de ascender, eu que sei, somos todos unha familia. Poden marchar dous o tres xogadores pero eu sinceramente penso que si. Co modelo de xogo que temos e que agora mesmo estamos todos a unha, penso que si.

Xa colgou na casa a camisola que lle deron o domingo?

Si, xa esta na casa posta no salón. Foi un detalle moi bonito tanto para mi como para o resto de compañeiros homenaxeados. Eu levo moitos anos aquí e si que é verdade que houbo anos nos que viña moita xente ao campo pero este ano é unha pasada. O do domingo nunca na miña vida vino.

A volta da promoción xogarase o sábado día 7, ás 19.00 horas

Finalmente o partido de volta da fase de ascenso xogarase no Novo Municipal de A Estrada o sábado 7 de xuño, ás 19.00 horas. Os compromisos da canle autonómica para retransmitir o choque fan que este adiántese sobre o horario previsto. O partido coincidirá coa celebración da Feira da Sidra, algo que non é do agrado da directiva rojilla. Ademais, para o partido do domingo en A Ribela sairá un bus ás 15.15 horas dende o Concello, que xa está cheo, polo que poderíase fletar outro máis. A viaxe custa 5 euros e se poden conseguir os tickets en Helvetia Seguros antes de mañá ás 12.00 horas. O precio das entradas no campo da Sarriana é de 18 euros por persoa.

Tracking Pixel Contents