Fútbol | Terceira Federación
«Hai que chegar a salarios equilibrados que axuden a manter un nivel de vida»
A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela albergou esta semana as votacións das eleccións á Asamblea da Real Federación Española de Fútbol. O rojillo Pablo Carabán saiu elexido como representante dos futbolistas non profesionais galegos no órgano nacional.

Carabán (dereita) nun partido co Estradense. / Bernabé/L. Abeledo
Pablo Carabán vai ser o representante dos futbolistas amateurs galegos na Asamblea da Real Federación Española de Fútbol, que terá lugar o luns 16 de decembro. O xogador do Estradense derrotou na votación a Álvaro Casas, do Compostela, por 135 a 67 votos.
Que foi o que lle disuadiu do proxecto de Rafael Louzán?
El chamoume e comentoume un pouquiño cál ía ser a miña función, que ao final vai ser representar aos futbolistas non profesionais na asamblea, participar nas decisións que se tomen e que obviamente beneficien ao noso colectivo. Tiven un primeiro contacto con el cando foi da selección galega e en parte xa sabía cómo traballaba por todo o seu equipo.
Ten Louzán opcións para sair elexido presidente da Española?
Aínda no me puiden reunir con el. Si que falamos persoalmente pero aínda temos que reunirnos. O obxectivo que ten é presentarse nas eleccións á presidencia. Polo que eu sei, é dos presidentes máis queridos e para o cargo ten unha boa disposición e unha boa forma de dirixir. Ao final, Galicia está amosando que é das comunidades que máis está destacando no eido do fútbol. Penso que ten opcións para ser o novo presidente.
Escóitase a voz dos non profesionais nunha federación con tantos intereses creados?
Pois é o que Louzán nos transmitiu. De feito, a el góstalle que nós falemos, que comentemos todo e eu ao final o que vou dar é a opinión sobre cómo está a nosa situación. E a partir de aí, tentar defender e que saiban o que hai nestas categorías de xogadores que non son profesinais.
Que habería que mellorar no fútbol amateur galego?
Mellorouse moito aínda que queda moito por facer. Descoñezo un pouco cómo están os salarios a nivel de todas as categorías non profesionais. A medida que me vaian comentando tentaremos que iso se equilibre un pouquiño. Obviamente é moi difícil chegar ás cifras do fútbol profesional pero si que se adapte a un salario que poida axudar a manter un nivel de vida. Hai moita xente que traballa e xoga ao mesmo tempo pero habería que equilibrar iso.
En que vai notar o Estradense a súa presencia na asamblea?
Fálase moito agora mesmo da miña presencia alí e obviamente unha vez me coñezan máis vou axudar tendo a o equipo de man. Tentarei tirar por suposto pola categoría e que os equipos saian o máis favorecidos posible. A miña idea é tirar por todos os equipos da categoría e pola parte que me toque defender, o Estradense vai estar sempre moi presente.
Haberá tamén que mudar a pobre imaxe da federación española nestes anos?
Pasaron tantas cousas nos últimos anos que a algúns tócalles lidiar con problemas que veñen de lonxe, pero non penso que eses problemas cheguen tan abaixo. Ao final, como todos buscamos o mesmo obxectivo penso que imos ir todos a unha. Eu vou tentar trasladar a federación o que me tansmitan os resto de xogadores. Penso estar coa xente, con diferentes xogadores, estar en contacto con todo o mundo para que entre todos poidamos chegar a uns mínimos e transmitilos.
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Aparecen decenas de libros desperdigados en una céntrica calle de Vigo: «Non o podo entender»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- Localizado Óscar Freire, que abandonó de forma voluntaria su domicilio
- Sale a la luz el plan de David Rodríguez tras descubrir que el foco de la investigación se centra en él: «Contar muchas cosas de su pareja»
- Torta de Vigo: la receta más sencilla para preparar uno de los dulces más típicos de la ciudad