automovilismo

A FGA premia ao Rali do Cocido, o Rallyspint de Silleda e a Subida á Estrada

As puntuacións foron obtidas logo da análise do eido organizativo

REDACCIÓN

Unha vez rematadas tódalas probas puntuables para os distintos Campionatos Xunta de Galicia de Automobilísmo do 2024, a Federación Galega de Automovilismo (FGA), que preside o lalinense Antonio Rodríguez Troitiño, procedeu onte a publicación das puntuacións das diferentes citas celebradas na tempada 2024. As puntuacións foron obtidas logo do análise de distintos aspectos organizativos da cada unha das probas polos observadores da federación na tempada 2024.

O Rali do Cocido, o Rallymix de Silleda e a Subida á Estrada foron as carreiras con máis puntuacións. A proba da Escudería Estradense foi a máis votada na súa categoría, con 4.549 puntos, seguida das subidas a Ponte Caldelas (4.475) y A Pontenova (4.344). Do mesmo xeito, o primeiro Rallysprint Concello de Silleda conseguiu ser o primeiro dos disputados en Galicia, con 4.803 puntos, seguido dos do Concello de Piñor e Val de Ramirás. Ademais, a edición número 28 do Rali do Cocido foi a segunda proba máis votada no apartado de rallyes, con 4.930 puntos, só superado polo Rali de Pontevedra (5.003).

Por último, na clasificación de rallymix, o Sidra da Estrada foi terceiro, con 4.535 puntos, mentres que o primeiro Slalom de Vilatuxe conseguiu un total de 995 puntos por parte dos observadores da federación.

Tracking Pixel Contents