O Club Deportivo Estradense celebra hoxe ás 20.00 en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda a súa asemblea de socios xeral. Esta terá lugar nas instalacións do MOME da Estrada. Está previsto realizar unha análise da situación económica e deportiva da entidade, así como adiantar algunhas das novidades para la temporada que comeza.

Nese futuro, o club anunciou onte unha nova fichaxe. Trátase do centrocampista Miguel Ángel Fernández “Migui”. Chegado ao equipo o pasado verán, o de Ourense tardou en facerse un oco na rotación de Alberto Mariano, pero rematou a temporada a un grande nivel. Migui supón a renovación número 15 no equipo de Nacho. O único que queda por contestar á oferta plantexada polo club é o dianteiro Edu. Polo momento non se logrou pechar ningunha fichaxe nova.