Fútbol
A AD Tomiño inicia unha nova etapa coa xunta directiva presidida por Óscar Álvarez
A entidade, que abre inscricións, ten 260 licenzas deportivas repartidas en 19 equipos federados

Os membros da nova xunta directiva.
A Asociación Deportiva Tomiño iniciou unha nova etapa coa toma de posesión da xuntadirectiva presidida por Óscar Álvarez, que asume o reto de continuar impulsando o crecemento dunha entidade consolidada como referente do deporte base no municipio. "A nova directiva quere expresar un agradecemento moi especial á anterior xunta directiva polo extraordinario traballo realizado durante os últimos anos, así como ás persoas fundadoras, adestradores e adestradoras, colaboradores, familias e voluntariado, cuxo compromiso e dedicación permitiron construír as sólidas bases sobre as que a AD Tomiño continúa medrando", indican dende o club.
Na actualidade, a AD Tomiño conta con 260 licenzas deportivas repartidas en 19 equipos federados e continúa ampliando a súa oferta deportiva coa consolidación do fútbol sala, incluída unha categoría feminina. "A entidade reafirma o seu compromiso cun modelo deportivo baseado na formación integral, a inclusión, o respecto, o xogo limpo e a igualdade de oportunidades, mantendo os valores que sempre a identificaron", proclaman.
As inscricións para a próxima tempada xa están abertas. O club anima a todos os nenos e nenas que queiran iniciarse no fútbol ou no fútbol sala a achegarse á AD Tomiño para coñecer o seu proxecto deportivo e participar nos adestramentos.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- Trescientos pacientes del Chuvi reciben los primeros fármacos específicos para combatir las migrañas
- Gran espacio para aparcar, pero todavía sin limpiar
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- María Corina Machado, de boda en Vigo
- La Asociación de Veciños de Tirán se posiciona contra la residencia de mayores de Moaña en O Carrachal