Fútbol
Pablo Prieto, sen rival para continuar como presidente da Federación Galega
Será nomeado oficialmente para o periodo 2026-2030 o vindeiro 7 de xullo

Prieto recibe felicitacións. / Futgal
Pablo Prieto Perille foi aclamado este luns como presidente da Real Federación Galega de Fútbol pola nova Asamblea Xeral que unha vez constituida deu o seu respaldo unánime a Prieto, que foi o único candidato que se presentou ás eleccións á presidencia.
Deste xeito a RFGF dalle continuidade a un proxecto iniciado por Rafael Louzán a principios de 2015 e que foi continuado por Pablo Prieto unha vez que Louzán foi elixido presidente da Federación Española. Agora, o ferrolán será presidente logo de superar un proceso electoral no que contou co respaldo unánime de todo o fútbol e o fútbol sala de Galicia.

Asistentes á asamblea. / Futgal
Pablo Prieto dirixiuse aos asambleístas nunha primeira intervención como presidente provisional, posto que agora ábrese un prazo dunha semana para a presentación de posibles recursos e será o 7 de xullo cando será proclamado oficialmente presidente e tomará posesión do cargo. No seu discurso aproveitou para dar as gracias a todos os clubs, futbolistas, árbitros e adestradores que lle mostraron o apoio e “o meu equipo directivo por acompañarme neste proceso”. Quixo tamén acordarse de Rafael Louzán “pola confianza depositada na miña persoa e polo legado que nos deixou”.
- La madre de un vigués de 25 años que falleció por un tumor cerebral: «¿Qué habría pasado si lo hubiesen operado un año antes?»
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Bouzas activa el «plan B» para sus fiestas por la final de España y cambia el horario de una de las citas más esperadas en Vigo
- El grito de euforia de Nico Williams tras noquear a Francia: «Vamos carallo»
- El TSXG multa con 1.800 euros a un abogado gallego por presentar un recurso lleno de «alucinaciones» con decenas de citas inventadas por la IA
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- El Celta renuncia a retrasar el partido de la primera jornada