Alpinismo
Roberto López inicia a aclimatación definitiva no Makalu
O alpinista galego xa está no campo base (5.700) e pronto subirá por riba dos 7.000 metros
Confía en acadar o cumio do seu segundo oitomil a comezos de maio

Roberto López, camiño do Makalu. / Roberto López
Roberto López vai cumprindo o programa que establecera no seu proxecto de conquistar o Makalu (8.485 metros). Esta é a cuarta expedición do alpinista lucense afincado en Sabarís ó Himalaia. Tras ascender o Ama Dablan (6.812) en 2022, completou o seu primeiro oitomil en 2023, o Manaslu (8.163). Non puido repetir éxito co Makalu en 2025 e agora recunca nese asalto. López vai iniciar a fase decisiva de aclimatación.
O galego xa está no campo base avanzado, situado a 5.700 metros, tras un trekking de aproximación "espectacular" polos vales nepalís. "Ata o de agora disfrutei a tope. É unha maravilla ir pasando por pobos nas ladeiras das montañas nos que viven como hai un século. Compartir un pouquiño das suas vidas no pouco tempo que estiven con eles é moi enriquecedor", relata. "Amáis moitos me recoñecían do ano pasado cos bailes que fixemos. Disfruteino de maneira distinta, con máis tranquilidade quizais ó xa recoñecer moitas cousas".

Arredor do calor. / Roberto López
"Agora descansarei un par de días antes de subir a máis altura, arredor dos 7.000", engade. Logo voltará a baixar, seguindo a rutina que o corpo humano precisa para se facer ó ar enrarecido e máis evitar o mal de altura. Será daquela cando acometa o cumio. "O meu corpo de momento responde ben. Incluso fumos un día máis rápido que o ano pasado ata o mesmo campo avanzado no que estou agora".
"Aínda houbo momentos para uns bailes e guitarra. Non sei tocala pero encántalles e rin coma tolos", revela da sua convivencia cos naturais do lugar. "Procuro tamén coidar o corpo e comer ben, hidratar moito, máis canto máis alto, e descansar logo da actividade". O dalbat, un prato tradicional baseado no arroz con chícharos, compón a súa dieta habitual. "Se me quedan mirando porque é raro ver a un estranxeiro comer coas mans tan ben".

Aspecto do campo base. / Roberto López
A meteoroloxía acompaña de momento, con sol e escaso vento, "que é o mellor que pode haber na montaña. Hoxe incluso me duchei ó sol por primeira vez en sete días. Para o afeitado xa logo me facía falta unha motoserra", chancéase. "En xeral todo esta indo ben e esperemos que siga asi de aqui o cumio que xa cambia o conto...
Roberto López financia a expedición con fondos propios pero tamén a través dunha recolecta na Fundación Amare Terra. Patrocina Stockages Vigo. Colaboran Xunta de Galicia, Diputación de Pontevedra, Federación Galega Montañismo, Clube de Montaña Xistra, Rocódromo Mapache e FL Consultores. Roberto López deteráse no regreso no SERC (Special Education and Rehabilitation Center) School de Chapagaun, un centro que atende a nenos con enfermidades físicas e psíquicas, para entregar donacións.
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- El metal de Pontevedra vuelve a la calle por su convenio: primera jornada de huelga
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Una puja judicial de récord en Vigo: subastan un piso en la calle Rosalía de Castro valorado en más de un millón de euros
- Sanidade descarta que la niña de once años de Ourense falleciese por meningitis
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- El copropietario de Vegalsa estrena su primera promoción inmobiliaria con 14 viviendas en Vigo y ultima dos más de alto diseño en la ciudad
