Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Piragüismo

Presentan a Rede Galega de Voluntariado Náutico

É unha ferramenta pioneira en Europa

Haberá xornadas de formación con catro cursos en Verducido, Rianxo, Allariz e Lugo

Presentación da rede.

Presentación da rede.

O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, da man do secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e da directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentou a primeira Rede Galega de Voluntariado Náutico Seguro, unha ferramenta social que será pioneira en Europa que se levará a cabo grazas as xornadas de formación que desenvolverá a Fegapi a través do programa Padexa con nós.

A formación básica desenvolveras con catro cursos –un en cada provincia– de 15 horas (11 horas de teoría e catro de práctica) distribuídas nunha fin de semana e tres bloques –Prevención de accidentes en probas deportivas náuticas (cinco horas), Primeiros auxilios, RCP e uso do DEA (cinco horas) e Rescate de deportistas en probas náuticas (cinco horas)–.

O primeiro curso de formación básica terá lugar o 21 e 22 de marzo na sede da Federación Galega de Piragüismo en Verducido (Pontevedra). A continuación será o curso da provincia coruñesa, o 18 e 19 de abril na Aula Activa do Mar en Rianxo. En Ourense, será o 9 e 10 de maio no Salón de Plenos da Casa do Concello de Allariz. E, por último, nas instalacións deportivas do Club Piragüismo Cidade de Lugo, en Lugo, o 13 e 14 de xuño. Os cursos estarán limitados a 25 persoas e os participantes escolleranse por orde de inscrición.

Tracking Pixel Contents