Traiñeiras
A Liga Galega arrinca en Redondela o día 28
Competirán dezaseis conxuntos masculinos nas categorías A e B e dez femininos
REDACCIÓN
A Pobra acolleu a presentación oficial da Liga Galega de Traiñeiras. O acto realizouse na praia da Lombiña, contando coa intervención do alcalde, José Carlos Vidal; do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e do presidente de Asociación Liga Noroeste, Francisco Javier Rodríguez Barros. Tamén representantes dos distintos clubs. Na Liga tomarán parte preto dunha trintena de equipos, enfrontándose ás distintas probas entre o sábado 28 de xuño e finais de agosto.
A Liga Galega de Traiñeiras dará comezo o vindeiro sábado coas probas que se disputarán en Redondela. No caso do municipio pobrense, a cita fixada no calendario da Liga terá lugar o sábado, 12 de xullo, coa XX Bandeira Concello da Pobra.
A competición conta cunha Liga A e cunha B, na que competirá o Club Remo Puebla. En total, serán 16 os conxuntos que tomarán parte na competición. No apartado feminino serán 10 os equipos participantes.
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- La diva del Bronx «re vienta» Pontevedra
- Incredulidad en Lapamán: hace un asado en la playa y pone en jaque la bandera azul