Baloncesto

Cholas e Susana García, entre as «lendas» da Gala Basketgal

O acto celebrarase o próximo mércores día 11 en Santiago

Vicente Rodríguez "Cholas".

Vicente Rodríguez "Cholas".

REDACCIÓN

Vigo

A Federación Galega de Baloncesto xa ten lista a nómina de galardoados que recibirán a súa homenaxe o 11 de xuño na Gala Basketgal 2025.Recoñeceranse seis figuras históricas a través da iniciativa «Lendas do Baloncesto Galego» e oito protagonistas destacados da tempada, nunha cita que se celebrará en Santiago. O presidente da Fegaba, Julio Bernárdez, destaca: «Esta gala rende homenaxe ao pasado, presente e ao futuro do noso baloncesto e pon en valor o esforzo e a paixón de estas persoas e entidades».

Os premios «Lendas»destacarán a Fernando Romay (medallista olímpico, Hall of Fame FEB); Vicente Sanchís (primeiro árbitro español en dirixir unha final dun Mundial (1990) e unha semifinal olímpica (1988) e Hall of Fame FEB), Juan Fernández García (pai da ACB e do OAR Ferrol), Vicente Rodríguez “Cholas” (adestrador campión liguero e ex seleccionador nacional feminino), Susana García (xogadora internacional e histórica do Celta) e ao programa televisivo «Todo Básquet»,personalizado en Ovidio González e Sergio Delpont.

Os premios á tempada 2024/2025 recoñecerán a Carlos Cortés (árbitro); Esther Castedo e Sergi Quintela (xogadores profesionais); Lino López (adestrador); Baxi Ferrol (club); Paula Salinas e a selección galega infantil masculina (xogadores de formación) e Fundación Breogán (entidade social).

Tracking Pixel Contents