Fútbol gaélico

Primeiro título de Liga Galega para o Keltoi

O plantel do Keltoi.

O plantel do Keltoi.

R.V.

O Keltoi Vigo proclamouse campión da Liga Galega de Fútbol Gaélico por primeira vez nos seus dez anos de historia. Nun emocionante encontro disputado no colexio Montecastelo de Vigo, o equipo local conseguiu remontar un marcador adverso na primeira metade para impoñerse aos Fillos de Breogán da Coruña por 25-22.

O título non só representa o primeiro campionato de liga para o conxunto vigués, senón que tamén supón un histórico dobrete, tras acadar a Copa Galega o pasado mes de abril. Todo isto coincidindo coa celebración do décimo aniversario da súa fundación no ano 2014, o que consolida ao Keltoi Vigo como unha referencia do fútbol gaélico en Galicia e un exemplo de crecemento e dedicación a este deporte.

Tracking Pixel Contents