Fútbol gaélico
Keltoi, campeón da Copa Galega
O Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira acolleu a competición na que tomaron parte 20 equipos divididos en tres categorías.

Acción dun partido do Keltoi. / AGFG
Preto de 300 futbolistas de 20 equipos repartidos en tres categorías participaron na Copa Galega de fútbol gaélico organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG). O triunfo foi para o Keltoi na categoría senior masculina e para o Auriense na categoría senior feminina.
A competición celebrouse o sábado 26 de abril no Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira do Concello de Ribeira. Empregáronse terreos de xogo de herba natural e artificial. A Copa de Galicia de fútbol gaélico foi transmitida pola TVG.
O número de equipos (20) e de futbolistas (case 300) fai que esta Copa de Galicia 2025 sexa a de maior participación desde a pandemia de COVID. Cómpre salientar o feito de que a base do fútbol gaélico na nosa terra vén pisando forte. Dous dos equipos participantes, o Supernova e o Lugh, estaban conformados exclusivamente por futbolistas de idade cadete. Este dato apunta, unha vez máis, a un crecemento en cantidade e calidade das categorías de base desta disciplina en Galicia. É importante subliñar que estes deportistas cadetes saen do proxecto Gaélico Escolas PuntoGal.
Na categoría senior feminina participaron sete equipos: Estrela Vermelha, Grovias, Fillas de Breogán, Turonia, Auriense, Lavandeiras de San Simón e Lorchas. Resultando gañadoras as futbolistas do Auriense.
Na categoría senior masculina tomaron parte dez clubs: Fillos de Breogán, Estrela Gaels, Keltoi Estibadores, Estrela Vermelha, Auriense, Lume de Beltane, Keltoi, Turonia, Lorchos FG e Estrela Supernova. O triunfo foi para o Keltoi.

O Keltoi. / AGFG
Na categoría Intermediate competiron tres equipos: San Simón, Ártabras e Lugh. O San Simón foi o club gañador.
Á fase de consolación feminina, Shield, accederon catro clubs: Lorchas, Fillas de Breogán, Lugh e Lavandeiras. A vitoria foi para as Lavandeiras.
Na fase de consolación masculina, Shield, competiron catro equipos: Keltoi Estibadores, Lorchos, Lume de Beltane e Estrela Supernova. Os Lorchos foron os gañadores.
Na entrega de trofeos desta Copa de Galicia 2025 de fútbol gaélico estiveron presentes diferentes autoridades como Mar Ferreiro, directora territorial da Consellería de presidencia da Xunta de Galicia, Xabier Vidal, 3.º tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello de Ribeira, Manuel Lores, vogal de relacións institucionais da RFGF, José Manuel Fernández, vicepresidente na RFGF da zona de Pontevedra, do fútbol veterano e do fútbol gaélico.
Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) agradecen a colaboración do Concello de Ribeira que facilitou instalacións, colaborou co Terceiro Tempo, entre outras cuestións. Tamén á Xunta de Galicia, e ao club Galicia Bealo (matriz dos Lorchos.
Seguinte parada, o Fèile europeo
Proximamente o Supernova, composto por futbolistas do Pino (que gañou a Copa Galega U15), do Boqueixón e do Friol, aos que se sumará algunha futbolista do Lugh, vai acudir en representación de Galicia ao Fèile, o Campionato Europeo U15, que é mixto. O pasado ano esa competición continental celebrouse en Vigo.
CLASIFICACIÓNS E RESULTADOS
SENIOR MASCULINO
CLASIFICACIÓN GRUPO A
- 1.º Fillos de Breogán (A Coruña – A Coruña)
- 2.º Estrela Gaels (Ourense – Ourense)
- 3.º Keltoi Estibadores (Vigo – Pontevedra)
CLASIFICACIÓN GRUPO B
- 1.º Estrela Vermelha (Santiago – A Coruña)
- 2.º Auriense (Ourense - Ourense)
- 3.º Lume de Beltane (Poio – Pontevedra)
CLASIFICACIÓN GRUPO C
- 1.º Keltoi (Vigo – Pontevedra)
- 2.º Turonia (Gondomar - Pontevedra)
- 3.º Lorchos (Barbanza – A Coruña)
- 4.º Estrela Supernova (Santiago – A Coruña)
CUARTOS DE FINAL
- Estrela Gaels 6-2 Auriense
- Turonia 8-7 Estrela Gaels
SEMIFINAIS
- Fillos de Breogán 6-10 Keltoi
- Estrela Vermelha 18-3 Turonia
FINAL: Keltoi 15-12 Estrela Vermelha
SENIOR FEMININO
CLASIFICACIÓN GRUPO A
- 1º Estrela Vermelha (Santiago – A Coruña)
- 2º Grovias (A Garda – Pontevedra)
- 3º Fillas de Breogán (A Coruña – A Coruña)
CLASIFICACIÓN GRUPO B
- 1º Turonia (Gondomar - Pontevedra)
- 2º Auriense (Ourense - Ourense)
- 3º Lavandeiras de San Simón (Vigo – Pontevedra)
- 4º Lorchas (Barbanza – A Coruña)
SEMIFINAIS
- Estrela Vermelha 7-16 Auriense
- Turonia 7-3 Grovias
FINAL: Auriense 9-8 Turonia
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- El doble crimen de la calle Oporto de Vigo cumple 20 años con el asesino en semilibertad
- «Nunca he pensado que hay alguien a quien no puedo ganar»
- La policía vincula el «clan de los Charlines» con el «clan de los Balcanes» tras detener a 18 personas e intervenir 103 kilos de coca
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Así eran nuestras playas antes de su urbanización y el desembarco de turistas
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de vecinos