Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O alcalde e o Concello da Guarda condena os insultos homófobos no partido da Unión Guardesa

Varias siareiras do Tomiño Femenino B, segundo as autoridades municipais guardesas, proferiron insultos a unha traballadora municipal nun partido no campo da Sangriña

O alcalde de A Guarda, Roberto Carrero, e o concelleiro de Persoal, Isidro Lomba.

O alcalde de A Guarda, Roberto Carrero, e o concelleiro de Persoal, Isidro Lomba.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O alcalde e o Concello da Guarda expresan «a súa total condena» aos insultos homófobos que denuncian que se produciron no partido deste domingo no campo da Sangriña contra unha das traballadoras municipais encargada do mantemento e coidado das instalacións deportivas.

A Unión Guardesa enfrontábase ao Tomiño F.C. Femenino B cando varias afeccionadas tomiñesas, segundo o concello guardés, comezaron a dirixir insultos como «zorra», «hija de puta», «lesbiana de mierda« ou «estás mal follada» cara esta traballadora. Ante esta actitude, algúns dos afeccionados guardeses interviron para calmar e mediar a situación.

Os insultos, que se produciron ante xogadoras, nenos, nenas e afección, provocáronlle á traballadora municipal un ataque de ansiedade. O alcalde, Roberto Carrero, e o concelleiro de Persoal, Isidro Lomba, xa lle ofreceron a esta traballadora toda a asesoría xurídica que precise ante esta situación.

O alcalde reafirma a súa repulsa: «Non imos permitir que se discrimine ou insulte a ningún guardés ou guardesa pola súa orientación sexual, e menos, a traballadores municipais, que están ao servizo d'A Guarda».

O Concello xa puxo en marcha o protocolo pertinente e tomará as acción administrativas e xurídicas establecidas. Para iso, as autoras dos insultos xa están identificadas e o Concello está en contacto co club deportivo.

Ademais, o Concello da Guarda recorda a súa rotunda condena a actos homófobos, machistas, racistas ou de calquera tipo de odio ou discriminación no deporte; un ámbito no cal se deben enxalzar os valores de respecto, unión e igualdade. 

Tracking Pixel Contents