Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fútbol gaélico

A Celtic Cup chega a Compostela este sábado

Acoden 11 equipos chegados de Irlanda, Inglaterra, Bretaña amáis de Galicia

Partido dunha Celtic Cup feminina anterior.

Partido dunha Celtic Cup feminina anterior. / Asociación Galega de Fútbol Gaélico

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R.V.

A III Celtic Cup terá lugar en Santiago de Compostela da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) este sábado 8 de marzo. Á cita acoden un total de 11 equipos (seis femininos e cinco masculinos) chegados de Irlanda, Inglaterra, Bretaña e, por suposto, Galicia. Está previsto que asista á competición o embaixador de Irlanda.

A primeira edición desta competición de fútbol gaélico celebrouse en Lalín, a segunda foi en Ourense e a quenda neste 2025 é para Compostela. Na última edición desta competición a Selección Galega masculina conquistou o trofeo, mentres que o triunfo feminino foi para o Malahide.

Cartaz da competición.

Cartaz da competición. / Asociación Galega de Fútbol Gaélico

A fase de grupos da III Celtic Cup xogarase de 9:00 a 17:00 horas no campo de Santa Isabel, usando de supletorio o terreo de xogo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Campus Sur, no tramo horario de 9:00 a 12:00 horas. As finais xogaranse ás 17:30 horas a masculina e ás 18:30 horas a feminina.

Con respecto a anteriores edicións aumenta o número de equipos participantes notablemente. En Lalín houbo tres equipos masculinos (xogouse un triangular) e dous femininos (partido único). En Ourense foi ao revés, houbo tres femininos e dous masculinos. Polo tanto o número de conxuntos en competición pasa de cinco a once.

Media ducia de equipos participarán na Celtic Cup feminina. Son os seguintes: Galicia A, Galicia B, Round Towers (Londres), selección de Bretaña, St. Eunans (Donegal) e Kilmacud Crokes (Dublín). A competición xogarase en dous grupos de tres equipos na fase de grupos, avanzando os dous primeiros a semifinais. As gañadoras pasarán á final.

Partido dunha anterior edición da Celtic Cup masculina.

Partido dunha anterior edición da Celtic Cup masculina. / Asociación Galega de Fútbol Gaélico

No caso do torneo masculino hai cinco conxuntos competindo: Galicia A, Galicia B, St Brendans (Londres), St Sylvesters (Dublín), selección de Iberia. Neste caso disputarase unha liguilla todos contra todos. Serán os dous primeiros clasificados os que disputarán a final.

A entrega de trofeos e a festa post torneo terán lugar no Restaurante A Nave de Vidán,

Transmisión pola TVG

Esta III Celtic Cup poderá seguirse nos terreos de xogo e tamén desde a casa a través da canle de Youtube da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) www.youtube.com/@gaelicogalego que emitirá toda a competición. Ademais, as finais masculina e feminina transmitiranse pola web da CRTVG www.agalega.gal en directo e pola canle G2 en diferido.

LISTA DE FUTBOLISTAS CONVOCADOS/AS COS EQUIPOS DE GALICIA

GALICIA FEMININO A

·        Alba   Rodríguez Fernández (Auriense)

·        Iria Labandeira Belda (Auriense(

·        Ánxela Mª Estévez Salguero (Estrela Vermelha)

·        Emma Rojas Amosa (Estrela Vermelha)

·        Lourdes Rey Cascallar (Estrela Vermelha)

·        Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermelha)

·        Laura Nercellas (Estrela Vermelha)

·        Eva Lago Neira (Fillas de Breogán)

·        Sara López Pita (Fillas de Breogán)

·        Vanesa Puente (Fillas de Breogán)

·        Leticia Zapata (Fillas de Breogán)

·        Antonella Larrascq Alvarez (Turonia)

·        Silvia Álvarez Álvarez (Turonia)

GALICIA FEMININO B

·        Antía Botana Vazquez (Auriense)

·        María Arias vazquez (Auriense)

·        Nicole Lugo Toro (Auriense)

·        Lucía Fernández Ferrer (Auriense)

·        María Silveira Loureiro (Estrela Vermelha)

·        Laura Gutierrez Vara (Estrela Vermelha)

·        Rocio Aldrey Paz (Estrela Vermelha)

·        Uxía Otero Fernández (Estrela Vermelha)

·        Aldara Montero Pardavila (Fillas de Breogán)

·        Jenny González Alvarez (Fillas de Breogán)

·        Iria Quiroga lopez (Fillas de Breogán)

·        Antía Iglesias Iglesias (Lavandeiras)

·        Alexandra Figueroa Vázquez (Turonia)

·        Lidia Diaz González (Turonia)

·        Loreto Alonso Fernández (Grovias )

·        María Estrada Rodriguez (Grovias)

 

GALICIA MASCULINO A

·        Mateo Fernández (Estrela Vermelha)

·        Pablo Mascareñas (Estrela Vermelha)

·        Gábor Pazos (Estrela Vermelha)

·        Bruno López (Fillos de Breogán)

·        Daniel Vaamonde (Fillos de Breogán)

·        Adrián Ambrosio (Keltoi)

·        Ismael Méndez (Turonia Gondomar)

·        Victor Santos (Fillos de Breogán)

·        Iago Couso (Estrela Vermelha)

·        Adriano Quiroga (Estrela Vermelha)

·        Ismael Pereira (Keltoi)

·        Samuel Lagoa (St. Peregrines, Dublín)

·        Víctor Mera (Estrela Vermelha)

·        Julio Docampo (Keltoi)

·        Millán Brea (Auriense)

·        Daniel Conde (Estrela Vermelha)

 

GALICIA MASCULINO B

·        David de la Torre (Estrela Vermelha)

·        Joaquim Fabres (Auriense)

·        Noé Asensio (Turonia Gondomar)

·        Edgar Cruz (Estrela Vermelha)

·        Iker Calvo (Lorchos)

·        David Chaves (Lorchos)

·        Sintayehu García (Auriense)

·        Tomás Lagoa (Estrela Vermelha)

·        Antonio Lago (Keltoi)

·        Alexandre Louzao (Estrela Vermelha)

·        Iker Nine (Lume de Beltane, Poio)

·        Andrés Novoa (Auriense)

·        Darío Eyre (Auriense)

·        Miguel García (Turonia Gondomar)

·        David Dios (Keltoi)

·        Daniel (escola Boqueixón)

·        Simón (escola Boqueixón)

Tracking Pixel Contents