O Kaleido Vigo Rugby Club organiza o venres xunto a Universidade de Vigo a conferencia “Psicoloxía deportiva” . A conferencia será impartida por Fernando F. Saccone, experto en psicoloxía deportiva. Á conferencia poderán asistir todas as persoas que queiran aprender sobre psicoloxía deportiva, en concreto psicoloxía enfocada ao rugby. A conferencia é aberta a toda a comunidade universitaria. Na conferencia estarán dispoñibles para mercar e asinar os dous libros publicados por Fernando, "Rugby mental: Radiografía psicológica del juego y su entorno" e "La clave de la concentración".

O programa abriráse ás 18.00 cunha conferencia destinada a xogadores e educadores sobre destrezas mentais aplicadas ao xogo. Ás18:50 haberá un tempo para intercambio e inquedanzas. Ás 19.30 empezará a conferencia destinada a educadores sobre ferramentas de manexo comunicacional en adestramentos e partidos, cun novo espazo para intercambio e inquedanzas ás 20.20.

 Fernando F. Saccone elaborou o "Programa de Entrenamiento Mental" para o sistema de Alto Rendemento da Unión Argentina de Rugby e desenvolveu o área psicolóxica nos Centros de Alto Rendemento da Unión, traballando con xogadores, managers e staff, así como cos adestradores e seleccionados nacionais. Tamén traballou como psicólogo deportivo para a Unión de Rugby de Buenos Aires. É membro fundador da Asociación de Psicología Aplicada al Rugby. Elaborou e é capacitador do curso "Destrezas mentales integradas al rugby". Na actualidade desenvolve clínics, intervencións e asesoramento para diferentes clubes da Argentina e países de fala hispana que contratan frecuentemente os seus servizos.