Ciclismo

Primeira visita técnica do Mussara Xacobeo by Oscar Pereiro

A proba, que repite o percorrido da etapa 20 de La Vuelta, terá lugar o 2 de outubro

Óscar Pereiro conversa con Nidia Arévalo.

Óscar Pereiro conversa con Nidia Arévalo.

O equipo de Mussara Cycling xunto con Óscar Pereiro estiveron en Mos esta mañá para realizar a primeira visita técnica de organización da Mussara Xacobeo by Óscar Pereiro que terá lugar o día 2 de outubro con saída e chegada no Pavillón Óscar Pereiro. Será a 1ª edición deste evento do que se espera a continuidade no tempo durante moitos anos máis. 

Percorrido do evento.

Percorrido do evento na versión de 120 km.

Tratarase dunha réplica da etapa 20 de La Vuelta 21 do ano pasado: Sanxenxo-Mos. Unha versión da etapa 20 da gran rolda española. Esa etapa que durante horas fixo que os siareiros se agarrasen ó sofá sen sesta e sen alento.

Percorrido na versión de 160 km.

Percorrido na versión de 160 km.

A carreira contará con servizos de avituallamento, asistencia mecánica, parking vixiado de bicis... etc. Os amantes do ciclismo que desexen participar xa teñen aberta a inscrición en mussaracycling.com 

Tracking Pixel Contents