Oficial. O balón do Mundial de Qatar para o fútbol galego. A Real Federación Galega de Fútbol e Adidas rubricaron este luns o acordo mediante o que o novo balón oficial durante as dúas próximas tempadas en Galicia sexa o fabricado pola multinacional alemá.

A sinatura tivo lugar na sede federativa de Santiago de Compostela e na mesma participaron o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e Carlos García, representante de Adidas en España.