Foise un grande, o máis importante cronista de atletismo da nosa historia, pero ademáis de cronista, foi historiador, xuíz, directivo, adestrador. Un auténtico renacentista que foi un avanzado ao seu tempo e onde a excelencia marcou todo o que fixo na vida.

O primeiro gran cronista deportivo da cidade foi “Hándicap” (Manuel de Castro), unha persoa que se converteu no gran impulsor do deporte na nosa cidade en unha época onde o deporte estaba por descubrir. Posada aprendeu directamente del. Esa foi a súa primeira fonte de inspiración como cronista deportivo pero en este caso centrado no atletismo, a súa gran paixón.

A profundidade de coñecemento de Alfonso Posada foi asombrosa, dende a historia do atletismo, notas estadísticas detalladas desde fai un século, recortes de prensa de épocas nas que a única fonte que tíñamos de información era a prensa escrita e fotos de documentos históricos que só tiña el. A súa casa era un museo deportivo onde un podía atopar calqueira documento histórico.

Unha anécdota da calidade de esa colección inxente de documentos foi a que me contou, no seu día, Ramón Magariños, olímpico en México 1968. Cando lle preguntaba polas súas fotos correndo me indicaba que o que tiña máis fotos súas era Posada, máis que as que posuía el mesmo.

As súas crónicas no “Faro de Vigo” son parte viva do seu legado. Non foi de extrañar que co seu coñecemento infinito, todas as redaccións de Faro de Vigo contaran coa sua pluma para escribir as crónicas de atletismo por casi un século. O seu recoñecemento foi máis alá do noso ámbito e escribiu para varias publicacións nacionais como Marca, Atletismo Español... E en todos co mesmo sentido común e agarimo.

A perda persoal, que sempre é a máis importante, váise tamén a persoa que viviu toda a historia do atletismo, por un século, en primeira persoa. Cando lle preguntabas polos primeiros campións galegos ( o primeiro foi de cross en 1916) el era capaz de respostar todo porque ainda que non o vivira en persoa preocupouse por entrevistarse con os protagonistas e sabía a súa vida persoal ao detalle. Esa foi outras das suas grandezas, sempre afondaba nas súas crónicas no ámbito máis humano dos atletas e non só o abordaba desde a perspectiva deportiva.

Se estabas sentado en nunha proba de atletismo pegado a Alfonso Posada tiñas a certeza, se eras afeccionado ao atletismo, que estabas no lugar correcto. Se eras amante da historia podía pasar todo o tempo do mundo pegado a él porque era un saco de sabiduría e sempre cunha corrección máxima.

Na faceta de directivo foi o mascarón de proa do Celta de atletismo. É imposíbel disociar a súa figura co club do seu corazón. Na xestión levouno a ser unha entidade deportiva senlleira da cidade , con varios olímpicos nas súas filas ao longo da historia.

Fai unha semana, con motivo da xornada de 1ª División da Liga de Clubes tiven a ocasión de falar con el nas pistas de Pontevedra. Pode dicirse, con toda certeza, esa máxima de que foise facendo o que máis lle gustaba en vida. Todos botaremos en falta a súa presencia e todo o atletismo queda máis orfo. Ninguén podrá sustituir a súa figura. Teríamos que vivir tres vidas para poder abarcar todo o que abarcou no seu intachable camiñar na vida.

A súa memoria será imborrábel para os que amamos o deporte e ansiamos que a cidade lle devolva algo do que tanto lle deu a mesma de maneira altruista. Un bo xeito de honrar a súa memoria sería que as pistas de Balaídos leven o seu nome. Ademáis de merecido, sería aceptado de xeito unánime pola comunidade atlética.

Alfonso Posada seguro que seguirá escribindo no ceo as súas crónicas e desde alí vendo como van os atletas do Celta e coidando da súa muller na distancia. Na terra entrará con letras de ouro na historia do atletismo galego, e a historia é o ceo do noso deporte.