O Clube Peña Trevinca, a Universidade de Vigo e o Concello de Vigo organizan o primeiro Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade de Vigo, que se celebra os días 22, 23 e 24 de marzo no auditorio do concello en Praza do Rei. A primeira conferencia titúlase: "Everest, o enigma de Irvine e Mallory". Coa presentación de Carlos Garrido, escomenzará o martes 22 ás 20.00 e será impartida polo prestixioso Sebastián Álvaro, que participou en mais de 200 expedicións aventureiras e fixo soñar a varias xeracións de espectadores como responsable do programa de TVE "Al filo de lo imposible".

Na conferencia, que conta co apoio de FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada), Álvaro disertará sobre o tema do seu último libro: "¿Foron George Mallory e Andrew Irvine os primeiros seres humanos en acadar o cumio máis alto do planeta? Esta pregunta ronda o inconsciente colectivo dende que desapareceron no ano 1924 durante o seu intento de escalar o Everest. Hoxe en día, continúa a ser un dos grandes misterios do alpinismo. Non hai máis certezas nesta historia que a grandeza dos seus protagonistas que, naqueles remotos lugares extrañamente misteriosos e descoñecidos, se aventuraron coa firme vontade de pisar o teito do mundo. Da man de Sebastián Álvaro, autor do libro, chegaremos máis aló de acadar unha resposta", propoñén dende a organización.

A conferencia do mércores (sempre no mesmo escenario e hora) será "Oceános, o misterio do plástico desaparecido", con Ricardo Beiras, presentado por Cristina Fernández. O xoves concluirá o ciclo con "Tras as pegadas do pasado", con Emilio Fernández, tamén presentado por Cristina Fernández.