O Acanor Novás Valinox destaca pola súa imaxinación na búsqueda de recursos e na animación dos seus partidos. E tamén na última campaña de abonados, que vén de activar estes días despois de anunciala con referencias a Mbappé.

Cartaz previo da campaña de abonados.

Agora, na posta en marcha da campaña en si, o clube opta por honrar a siareiros dos mais senlleiros que teñen. Como Xenxa, protagonista "co dorsal 111 que leva 40 anos amosando alta resistencia, ¿cual é a tua cualidade?", indican. "Queremos formar #oequipomaisgrandedomundo e necesitamos de TODOS".

O cartaz anunciado do Novás

Tamén teñen confeccionado un vídeo no que Álvaro Senovilla e xogadores como Germán Hermida e o capitán Manu Martínez falan da importancia dos siareiros do clube.

O vídeo que toca o corazón dos seareiros do Atlético Novás

O vídeo que toca o corazón dos seareiros do Atlético Novás R. V.