Sara Vieitez, do Club Independiente de Vigo, acaba de proclamarse campioa de España de MMA, en Puerto Banus (Marbella), o pasado 19 de xuño. A deportista fixo historia o convertirse na primeira muller galega en acadar o Campionato de España de MMA Amateur.

Sara venceu en primeira rolda a deportista andaluza Marina Rodríguez por puntos. En segunda rolda venceu a deportista catalana Marina Sánchez Pichel, tamén os puntos. E na final venceu nun combate moi axustado a madrileña Inés Maesso ós puntos.

Os representantes masculinos, non tiveron a sorte agardada. Lewis Arizala, non puido superar a Santiago Jaramillo (VAL), cedendo os puntos. Jónathan Barboza caeu os puntos fronte a Oscar Méndez (CAN).