Foise Alejandro Gómez, chegou ao Olimpo como atleta, foi un dos máximos referentes do atletismo español nos anos 90. A mágoa é que foise moi novo e despois de perder a carreira máis dura das que tivo que enfrentarse, a da vida. Como sempre fíxoo coa entereza e coa mesma alma que sempre tivo cando competía. O único consuelo foi ver as mostras de cariño que o acompañaron nesta última viaxe plagada de incertezas e penurias.

A historia do atletismo é longa e con milleiros de protagonistas. Algúns deles, igual que a vida mesma, morreron novos, é o caso de Vladimir Kuts, Steve Prefontaine ou Lillian Board. Estos son algúns dos exemplos de atletas mundiais que fóronse deixando unha fonda pegada. Alejandro, ao igual que os mencionados, é unha persoa nova que váise deixando unha profunda pegada, polas súas fazañas e polo seu carácter indomábel. Todos os grandes do atletismo galego, os que están no Olimpo polos seus logros, afortunadamente están todos vivos. Alejandro é o primeiro que nos deixa e coa dor de todos os que o acompañaron ao longo da súa traxectoria. A morte física de estos atletas novos fai que perduren ainda máis na memoria colectiva. É ahí onde quedará a súa figura, no máis profundo da memoria colectiva do atletismo galego.

Poucos atletas poden atesorar unha bagaxe deportiva como a de Alejandro, un atleta que fixo disfrutar aos siareiros en tódolos terreos: cross, ruta e pista. No cross é o segundo atleta do mundo con máis participacións nun Mundial de cross, só o supera Domingos Castro. O portugués competiu en 18 ocasión, Alejandro en 17 anos, o que amosa ademáis do seu potencial a súa lonxevidade deportiva. Ademáis foi subcampión de Europa de cross na proba individual e multiples veces campión colectivo con España. Tamén foi medallista mundial co equipo de cross da selección española. En pista foi a tres XX.OO. E en ruta chegou a ser recordman nacional de maratón. Nin Abel Antón nin Marín Fiz, atletas cos que competiu, teñen mellor marca que Alejandro en maratón.

Ademáis do palmarés deportivo, fica ao seu favor o labor en prol da popularización do atletismo. Centenares de rapaces achegáronse ao atletismo coa intención de emular a súa figura e este traballo foi máis alá do ámbito galego. Acudir a un Cross de Elgoibar, Zornotza, ou calqueira de Euskadi, era unha experiencia única polo trato que sempre recibimos e porque centos de nenos iban xunto a Alejandro a facerse unha foto con el. Son desas imaxes que quedan grabadas a ouro no corazón de calqueira que o vivira. Imposíbel non estar sempre agradecido ao esforzo que sempre fixeron para que nos sentiramos como na casa.

En Galicia foron moitos os rapaces e pais que se engancharon ao atletismo gracias aos seus logros. Eu chámolle o valor intanxíbel dun atleta a nivel de fenómeno social. Moitas escolas de atletismo e moitos clubes débenlle moito a figuras como a de Alejandro.

Na miña memoria fican as imaxes deportivas pero tamén as persoais, sobre todo de cando un é novo e loita por chegar a algo no deporte. Ese deporte máis sano onde a amizade é o primeiro dos mandamentos, onde os compañeiros de adestramento son a túa única preocupación na vida e onde cada logro de eles era unha victoria compartida por todo o grupo de amigos. Ahí estaba Paula, a súa compañeira inseparábel atá os últimos folgos de Alejandro.

Outras figuras destacadas son as dos seus dous pais na súa carreira deportiva: José Luis Torrado, que era o seu fisioterapeuta, e Julio Rodríguez, o seu adestrador nesa longa carreira deportiva. No atletismo non hai lobos solitarios e se Alejandro chegou ao Olimpo foi, entre outros, gracias a eles. Sen a figura de Julio, Alejandro non estaría no atletismo, casi 30 anos de relación. Torrado foi o que o mimou durante toda súa carreira.

A situación actual non vai permitir unha despedida como merece. Por desgraza, non poderemos nin gardar un minuto de silencio nas competicións xa que están suspendidas e o velorio será reducido, pero quero despedirme coas palabras que o seu técnico lle adicou dende o profundo do seu corazón.

“Fue como un hijo,

y se fue como lo fue toda la vida

corriendo y deprisa

Hoy deja un vacío,

aunque en mí, lleno de recuerdo y vida.

Gracias Alejandro por hacerme vivir, junto a ti ,

tantas tristezas y alegrías”