Un total de deportistas galegos foron convocados coa selección nacional júnior e U23 para concentrarse no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada, do 30 de setembro ó 4 de outubro.

Esta primeira concentración para o grupo de deportistas da modalidade de Libre Olímpica terá un marcado carácter restrictivo, pola crise sanitaria da Covid-19.

Agora, todos os deportistas que participan n este tipo de actividades teñen que presentar un test negativo en Covid-19 antes de participar. Dende a Federación Galega, a Federación Espaoña e a propia dirección do CAR de Sierra Nevada levan un minucioso control antes, durante e despois da actividade.

Os integrantes da selección que viaxarán a Sierra Nevada son os júniors; Santiago Sánchez (Club Keltoi de Vila de Cruces), Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo), Anxo Uzal e Omar Rodríguez (ambos do Club Sabarís de Baiona). Pablo Pintos Figueroa viaxará como seleccionador nacional U23, da modalidade de Libre Olímpica, para dirixir parte da concentración nacional. O principal obxectivo "é normalizar a volta ó tapiz, de un xeito seguro, e poñendo todas as medidas posibles de seguridade e control".

Tras o éxito da concentración nacional feminina da pasada semana na mesma instalación, agora é o turno dos deportistas de Libre Olímpica.