A Academia de Pádel Máis que Auga celebrará do 7 ao 13 de setembro a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. As inscripcións deben realizarse o antes posible na páxina web de Máis que Auga porque son prazas limitadas. O enlace é https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScEUR6uCxFfFjvARS4jHdN3mxsfLGKFJFq2uKkgw7K-yIylMQ/viewform

Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende as persoas que nunca practicaron pádel a xogadores/as xa iniciados, que poden ter interese en acudir á academia. Será unha clase, con adestradores/as da academia, todos eles titulados, que os permitirá coñecer a metodoloxía de traballo. Esta actividade desenvolverase nos niveis de iniciación e intermedio para os adultos e tamén de nenos/as.