Esta fin de semana celebrarase en Sindelfingen (Alemaña) a segunda edición da President´s Cup for children e a President´s Cup de poomsae e freestyle de adultos. As dúas seleccións viaxan hoxe nun autobús cara a Porto, onde collen un avión para desprazarse ata Alemaña.

Na President´s Cup de técnica e freestyle estará en xogo a clasificación para o Europeo. Todos os medallistas acadarán o seu obxectivo, pero non será unha tarefa sinxela xa que entre os inscritos -un total de 420 participantes- hai medallistas europeos e mundiais.

A Federación Galega despraza a un equipo de 32 deportistas e dous técnicos (Jacobo Ríos e José Mª Vega) que competirán nas modalidades de técnica e freestyle.

Na categoría cadete participarán os seguintes taekwondistas: Alejandro Fernández (Escola Lucense), Daniel Areán (Neka), Laura Álvarez (Neka), Sara Pena (Patiño), Yaiza Velo (Natural Sada), Marco García (Neka), Karla Novo (Neka), Carla Pardo (Neka), Talia Yu (Natural Sada), Irea Abuín (Natural Sada), Francisco Ramos (Natural Sada), Manuel Paz (Natural Sada), Rubén Galdo (Natural Sada).

Na categoría júnior desprázanse Gabriele Santomé (Hebe), Álvaro Portela (Hebe), Manuel Paz (Hebe), Bárbara Di-Martino (Hebe), Zaira Velo (Natural Sada), Ana López Vázquez (Neka) e Tomás Fernández (Kiap).

E en sénior tamén haberá participación con Alejandro Losada (Tao), Alex Losada (Neka), Raquel Guillén (Tao), Celia García (Tao), Eirim Vaamonde (Yidam), Samuel Alves (Tao), Elena Varela (Neka), Carlos Rey (Neka).

En sénior 2, estarán Vanesa Ortega (Hebe) e Noelia Pérez (Hebe), mentres que en máster 1 estará Sonia Pérez (Hebe) e en máster 2, Esperanza Fernández (Couto).

Children. Á vez disputarase a President´s Cup for Children, que outorgará unha praza para o Europeo ao campión de cada peso. En total hai preto de 900 deportistas inscritos. O seleccionador será Pablo Carou que dirixirá a Anxo Vidal (-33, Natural Sport), Mateo Boudjenane (-45, Boudsport), Samuel Meilán (-49, Tao), Sergio Troitiño (65, Mat´s) e os becados pola federación Myriam Pérez (-44, Tao) e Iago Mella (-57, Natural Sada).