campo do fragoso
Minguante

Guidetti hace un gesto mientras Oblak retiene el balón en el suelo. // Marta G.Brea
Manuel Bragado
O Celta finaliza a primeira volta en fase minguante. Tres claras derrotas nos últimos tres partidos nos que tampouco conseguiu marcar. A pesar da súa entrega xenerosa e de persistir no empeño táctico de Berizzo, diante do Atlético de Madrid de Simeone foi moi inferior en todos os ámbitos, tanto no táctico coma no físico, e puxo en evidencia as carencias dun cadro moi curto en efectivos nunha competición por riba adulterada polos intereses dos clubes máis poderosos. O feito de que Simeone aliñase a Augusto en Balaídos, ademais dun xesto de escasa elegancia por parte dos colchoeiros, puxo en evidencia a esperpéntica desigualdade na pelexa entre os dous clubes.
Fronte a un rival moi duro de roer, o Celta expresou algunhas das súas carencias. A primeira, a da ausencia de Augusto por diante da defensa, facilitando a saída ordenada e as recuperacións, tarefa que Radoja, aínda moi fráxil, tras a súa operación cirúrxica, non foi aínda capaz de asumir coa mesma eficacia. A segunda, a ausencia de Nolito e a súa capacidade para atopar superioridades en espazos en apariencia baleiros, desfai a fluidez do tridente atacante, que marabillou ao comezo de tempada, facilitando a marca sobre Orellana e Aspas.

Minguante
Simeone chegou a Balaídos coa pizarra de Berizzo ben aprendida. Mesmo na previa xogou co conto de que "o Celta xogaría e o seu equipo agardaría a súa oportunidade". Non foi nin moito menos así. O Atlético foi superior ao Celta no xogo sen balón, onde dispuxo dun rombo de catro mediocampistas que coa súa dureza e intensidade características afogou a saída do balón celeste. Gabi perseguiu a Orellana, coa intención de anulalo por arre ou por xo, consciente Simeone de que das biqueiras do poeta chileno saen a maior parte das superioridades celestes. Como Aspas foi sometido tamén a unha marcaxe severa, no seu caso combinada polos centrais atléticos, Giménez e Godín, que conseguiron desubicar ao xenio de Moaña. Mais o Atlético tamén foi superior no xogo combinativo, onde a velocidade de Griezman e Saúl abrían con maior facilidade da prevista a defensa nosa.
Durante a primeira parte, o Celta só dominou durante o primeiro cuarto de hora, mais non chegou a contar con oportunidade ningunha. Tras un cuarto de hora de tenteo e un xute envelenado de Griezman, os de Berizzo medrosos asumiron que en día de semellante treboada abondaba con aguantar da igualada. Porén, coa reanudación, Simeone non o dubidou e foi decidido a polos tres puntos que farían ao seu equipo campión de inverno. Abondoulle intensificar a presión sobre Hernández e Radoja e, transcorridos apenas dous minutos, nunha gran xogada combinada de Koke e Vietto, Griezman, o mellor xogador sobre a lameira, inagurou a táboa de marcas.
Como é adoito nestes casos, os de Berizzo non deron o partido por perdido e ofreceron os seus minutos máis emotivos e vibrantes. Un contragolpe orixinado por un envío de Sergio sobre Orellana e un cambio de banda de Iago sobre Wass expresaba a vontade celeste de non renderse. Mais non foi posible, nin sequera cando pareceu o ballón sobre a lameira cada vez máis pesada. Carrasco, que substituíu a Augusto (moi asubiado), liquidou o encontro nunha boa xogada na que caneou a Cabral e superou a Sergio. Os minutos finais expresaron a impotencia celeste, tamén física, e a torpeza de Berizzo para introducir os trocos no tempo oportuno, mesmo cando algúns dos xogadores como Radoja, Hernández ou Wass estaban literalmente fundidos.
Non hai dúbida de que o equipo noso entrou en fase minguante. Agardemos que coa recuperación de Nolito e a incorporación das prometida fichaxes do mediocampista e dun xogador de banda inicie a segunda volta en fase crecente, recuperando a súa demostrada capacidade para marcar e puntuar.
stylename="070_TXT_dep_dcl_03">bretemas@gmail.com
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- El nuevo centro de salud Olimpia Valencia de Vigo abre sus puertas a medio gas: «No sabemos cuándo podremos pedir cita»
- El Celta pierde a Miguel Román por lesión para lo que resta de temporada
- Carvajal sale en defensa de sus aplausos a Iago Aspas: «Ese gesto significa respeto a una leyenda de nuestra liga»
- Louzán admite que Vigo «está a las puertas» de ser sede del Mundial, pero omite la reforma de Tribuna
- Final feliz a cuatro días en altura
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña