campo do fragoso
Fundido
"Os seareiros celestes tivemos a impresión de asistir a un encontro que xa víramos co Granada e co Eibar"

Fontás y Hemed disputan el balón en el partido del viernes pasado en Balaídos. // Marta G.Brea
Manuel Bragado
Por moito que doa recoñecelo, o Celta chegou fundido á parada invernal. Tras un comezo de tempada marabilloso, onde amosou un nivel físico ideal, unha óptima concentración táctica e unha capacidade goleadora moi elevada, o cadro de Eduardo Berizzo foi perdendo fol até amosar de forma dramática as súas feblezas nos tres últimos partidos en Balaídos diante de rivais que se presentaban como teoricamente inferiores. Tras a proeza histórica no Camp Nou do día de santos, o Celta caíu nun profundo devalo na eficacia do seu xogo que, a pesar da súa envexable posición na táboa clasificatoria, mais ollando con realismo ao calendario do vindeiro mes de xaneiro, non convida a optimismo ningún.
Fronte ao Deportivo Almería, os seareiros celestes tivemos a impresión de asistir a un encontro que xa víramos co Granada e co Eibar. Unha abrumadora posesión da bóla, probablemente de máis do 75 por cento. Incontables saques de recanto, executados de forma rutineira, sen apenas variantes. Unhas cantas ocasións de gol estragadas, mesmo co coiro batendo nos paus. Un dominio tan abrumador coma ineficaz, xa que todo o partido naufragou tras o erro colectivo dun contraataque visitante que a cobertura celeste non soubo evitar. Así roubou o Eibar a carteira ao Celta, tras un tanto de Manu del Moral, á media hora de xogo. Así tamén o fixo un pobrísimo Almería que na súa primeira xogada de ataque, tras un erro de Krohn-Dehli na cobertura defensiva dun saque de recanto, marcou o seu gol de auténtica potra, contando coa colaboración involuntaria de Fontás enviando ás redes o seu torpe despexe. Unha xogada fatídica, froito dun lamentable erro colectivo celeste, no que participaron até catro xogadores, que transcorrido apenas un cuarto de hora enterrou toda a intensidade dun Celta que saíra a liquidar o partido pola vía rápida. A partir de aí, coma tamén sucedera co Eibar e co Granada, o Celta non tivo imaxinación nin fortuna para atopar a fenda que fendese a muralla andaluza.

Fundido
Como tamén sucedera nos partidos anteriores, o Celta perdeu unha marcha e a esa menor velocidade transformouse nun equipo moi previsible, cunha saída de balón lenta, incapaz de crear superioridades. Unha situación á que non parece allea o baixón físico que sofren algúns dos seus xogadores esenciais, como Radoja ou Krohn, ou a baixa forma alarmante dos laterais da canteira ou de Fontás e Augusto, nalgúns momentos moi desacertados. Só as cabezadas de Cabral, o venres o mellor dos nosos, como as aparicións intermitentes de Orellana rachaban co ton gris no que se instalou o xogo celeste. Tras a reanudación, cando un saque de falta de Orellana bateu no longueiro e as incorporacións de Álex López e Nolito deron por fin sentido ao ataque polas bandas, a remontada semellaba inminente. Porén, tras o penalti errado (de forma inexplicable) por Nolito, o partido quedou pechado. A partir destoutro erro os nosos volveron quedar fundidos e Balaídos enmudeceu durante uns poucos minutos, como adoita facer cando o equipo recibe unha forte mazada.
As dúas derrotas recentes en Balaídos, como as seis xornadas consecutivas sen marcar, obrigan a baixarnos da nube de entusiasmo e da fantasía europea na que vivimos instalados até comezos de novembro. Hoxe recoñecemos a este Celta como un equipo moito máis fráxil do que aparentou. Xaora, non estaría de máis aproveitar o nadal para que o cadro de xogadores collese acougo e recuperase alento, para que o cadro técnico reflexionase sobre a orixe dos seus fracasos recentes e para que os responsables do club intentasen dentro das posibilidades dun modesto tapar algún buraco. Por ventura, a comodidade na táboa permite afrontar con tranquilidade esta primeira crise da tempada do que hoxe é un equipo fundido.
stylename="070_TXT_dep_dcl_03">bretemas@gmail.com
Suscríbete para seguir leyendo
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- El ataque de un perro Shar pei en Vigo suelto y sin bozal deriva en una indemnización de 13.400 euros
- Oportunidad de negocio por 85.000 euros: se vende albergue en el Camino de Santiago
- Siete empresas compiten con Vitrasa por el nuevo contrato del autobús en Vigo de 468 millones de euros: Alsa, Arriva o la lusa Barraqueiro
- Un hombre muere en plena calle en Chapela