Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Hugo Padín / Jugador del Estradense

«Temos que gañar ou gañar, non nos queda outra»

Analizamos a final do próximo domingo ante o Somozas cun home que foi de menos a máis na súa temporada de debut co equipo vermello

Hugo Padín

Hugo Padín / Jesus Figueroa

A Estrada

-Como ve o partido que teñen por diante o próximo domingo contra o Somozas.

-Pois a verdade é que é un partido complicado contra un rival que xoga moi ben ao fútbol e leva en play-off moitos momentos da tempada. O importante é que se ganamos ou sacamos un bo resultado, vai ser un paso adiante de cara a meternos nos play-off. Pero aínda así vai ser un rival moi duro.

-Por onde se lle pode facer dano a un equipo como Somozas, un equipo feito para pelexar polo ascenso?

-Temos que saír moi fortes desde o principio do partido, con moita intensidade e aproveitando as oportunidades que teñamos.

-Chegan sen embargo a este encontro nun momento baixo en comparación co que foi a súa tempada ata agora.

-É certo pero o Somozas ten un plantel espectacular. Pode que sexa un pouco corto pero teñen moi bos xogadores para a Terceira. Está claro que é un dos mellores equipos da categoría. Non chega no mellor momento, pero sempre son xogadores que en calquera ocasión pódenche crear moito perigo e resolver o partido.

-Desde o punto de vista do Estradense veo como unha final?

-Fai tempo que todos os nosos partidos son finais. Nesta ocasión ten un punto especial porque se gañamos podemos durmir en play-off. Iso nos permitiría mirar doutra forma os últimos tres partidos. Nese sentido podemos dicir que é unha final importante.

-O malo sería perder.

-Si, se perdemos complícasenos bastante a situación, pero a nosa mentalidade é gañar ou gañar. Non nos queda outra.

-Manuti dicía que había que gañar dous partidos de catro. Aínda terían unha pequena marxe.

-Por estadísticas e por números aínda teriamos marxe. Se temos que gañar dous de catro e un deles é este sería moito máis fácil. Ademais, sería gañar a un rival directo, así que moito mellor de cara ás próximas xornadas.

-Unha pena ese complicado partido que teñen por diante en San Lázaro.

-Para min é tan fodido ese como o do Somozas, o do Viveiro ou o último contra o Barco. Os tres puntos valen igual uns que outros e serán todos complicados. É certo que xogar contra un Compos que se pode estar xogando o título será moi difícil pero nos tamén nos estaremos xogando moito. Vai ser un partido bonito pero os tres puntos valen o mesmo.

-Como está vendo a actuación do seu equipo a estas alturas da tempada?

-Penso que foi unha tempada con moitos altibaixos, con vitorias e derrotas seguidas. Desde o Arteixo é verdade que vexo ao equipo bastante máis enchufado. Aínda que xoguemos partidos peores estamos sacamos os tres puntos. Iso é importante tamén. Podes xogar mellor ou peor pero mentres gañemos temos un estado anímico moito mellor.

-Hai ilusión no vestiario por alcanzar ese play-off de ascenso a Segunda RFEF?

-Iso é o que queremos todos dentro do equipo, meternos nos play-offs. Do ano pasado quedaron a maioría dos xogadores e teñen gañas de ascender ou polo menos de seguir loitando. Ese é o obxectivo de todos. Vamos todos a unha a polos play-offs.

Hugo Padín

Hugo Padín / Jesús Figueroa

-Ese camiño comeza cun partido en casa. Será importante que a afección aprete.

-Si, sempre temos moita xente no campo e iso é unha motivación extra. Animan desde o principio ata o final. Cando a xente está unida a nós, sentímonos arroupados. Queremos darlles unha alegría.

-A nivel persoal, como se está vendo esta tempada?

-A primeira parte da tempada custoume adaptarme ao equipo. Despois de Nadal volvín moi ben, metendo bastantes goles e xogando case todos os minutos. Cando xogamos tres partidos nunha semana tiven unha pequena lesión e estiven renqueando ata fai unhas semanas. Fastidioume bastante. Agora estou xogando o que podo. Se podo ser titular, perfecto e senón estarei sempre animando aos compañeiros.

-Contento no Estradense?

-Si, moi contento. A directiva é xenial e os adestradores moi ben. Pero o que máis destaco son os compañeiros. Eu estaba acostumado a xogar en filiais, nos que os compañeiros eran todos da miña idade, pero agora que estou nun equipo con xente máis maior é algo diferente. A verdade é que trátanme xenial todos, axúdanche no que poden e danche consellos. Nese sentido estou moi ben no Estradense.

Tracking Pixel Contents