Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fútbol / Tercera Futgal

A dos goles del trono en la fase de ascenso

El Club Deportivo Lalín B se cita este domingo con el liderato. Si los pupilos de Futre vencen por una diferencia de dos goles al Santa Cruz de Montaos en el Cortizo, asaltarán la cima de la tabla en plena fase de ascenso

Jugadores y cuerpo técnico del Lalín B festejan la victoria sobre el Tordoia B. | CEDIDA

Jugadores y cuerpo técnico del Lalín B festejan la victoria sobre el Tordoia B. | CEDIDA

Lalín

El filial del Club Deportivo Lalín está completando una temporada excepcional, consolidándose como uno de los grandes protagonistas en la fase de ascenso a Segunda Futgal. El equipo dirigido por Futre afronta este domingo, a las 13.30 horas en el Manuel Anxo Cortizo, una cita vital frente al Santa Cruz de Montaos. El reto es mayúsculo para los jugadores del Lalín B: si los rojinegros logran la victoria por una diferencia de al menos dos goles, arrebatarán el liderato a su rival gracias al golaverage a favor.

Este trascendental encuentro marca el inicio de la segunda vuelta de la fase, con cinco jornadas aún por delante que decidirán el destino del equipo. El técnico se muestra muy satisfecho con la evolución de su plantilla, compuesta por 22 futbolistas y un staff de tres personas, destacando el mérito de competir con un grupo tan joven. Según explica Futre: «Estou moi contento co traballo que estamos a facer, a dinámica do equipo e os resultados, pero sobre todo co traballo porque competimos nunha categoría na que hai moitos equipos con xente veterana e nós estamos competindo cunha media de idade de 19-20 anos». Esta juventud no ha sido un impedimento para que el equipo llegue al tramo decisivo con las opciones intactas y la moral por las nubes. «Chegamos con moito ánimo e se facemos todo como sabemos é moi factible», afirma el entrenador.

Más allá de los resultados inmediatos, el éxito del Lalín B reside en su labor como cantera y puente hacia la primera plantilla de Dani Méndez y Cuqui, con los que Futre trabaja de manera muy estrecha. El cuerpo técnico lleva tres años enfocando sus esfuerzos en la formación para nutrir al conjunto de Preferente Futgal, y los frutos ya son visibles. El entrenador del filial destaca con orgullo el crecimiento de sus pupilos: «Dende fai tres anos preparamos xogadores para o primeiro equipo. Lois e Bernárdez xa son xogadores de Preferente e este ano xente como Teo, Guti ou Hugo Rielo están adestrando co primeiro equipo, xogando con filial, e xa debutaron en Preferente. Aí e onde máis orgulloso me sinto».

Comunión

Con este trasfondo de formación y ambición a partes iguales, el filial lalinista encara el duelo del domingo como una oportunidad de oro para coronar su gran año con el liderato. La importancia de este encuentro también reside en la comunión con la grada del Cortizo, donde se espera que la afición juegue un papel fundamental para empujar a estos jóvenes talentos hacia la victoria. Ganar por ese margen de dos goles al Santa Cruz de Montaos no sólo supondría un golpe de autoridad en la tabla, sino que reforzaría la confianza de un bloque que ha demostrado no tener techo a pesar de su corta edad. Con cinco finales por delante, el sueño del ascenso a Segunda Futgal pasa por mantener la identidad que les ha traído hasta aquí: descaro, intensidad y una apuesta innegociable por el producto local procedente de distintos puntos de la comarca dezana.

La vuelta de los astronaturas de la misión Artemis II a la Tierra, en imágenes
Balizan el primer nido de chorlitejo en la Reserva Ornitológica de O Grove

Hai momentos nos que unha institución se define mellor ca en calquera discurso. Non cando fala de si mesma, senón cando ten que afrontar o incómodo, o delicado, o que doe e divide. Os casos de acoso son un deses momentos. Unha universidade pública non pode permitirse fallar aí. Non pode mirar para outro lado. Non pode relativizar. Non pode tratar como ruído o que para unha persoa pode ser unha experiencia de medo, humillación ou vulneración da súa dignidade. A primeira obriga dunha universidade é moi simple de formular e moi seria de cumprir: escoitar, atender e actuar. Pero actuar non é berrar máis ca ninguén. Actuar non é substituír os procedementos pola temperatura do momento. Actuar non é confundir a firmeza coa precipitación. Hai unha forma de responder que tranquiliza por un instante e fracasa a longo prazo: a do xesto sen rigor, a da frase contundente sen fundamento, a da condena pública que semella dar satisfacción inmediata pero debilita a xustiza. E hai outra máis difícil, menos vistosa cecáis, pero moito máis honesta: a de facer as cousas ben. Niso consiste a responsabilidade institucional. En tomar en serio toda denuncia. En activar os mecanismos previstos. En acompañar ás persoas afectadas. En preservar a súa intimidade. En analizar os feitos. En colaborar coas instancias competentes. E, ao mesmo tempo, en respectar a presunción de inocencia, a confidencialidade e as garantías que sosteñen unha convivencia democrática. Porque ninguén pode ser condenado sen probas, ninguén debería estar sinalado sen que os feitos sexan reais e teñan sido acreditados, porque non se pode afectar ás vidas das persoas por faladurías, por informacións incompletas ou sen respeito aos procedementos. Hai quen presenta estes principios como se uns estorbasen aos outros. Como se defender ás posibles vítimas obrigase a prescindir das garantías. Como se respectar os procedementos fose unha forma de tibieza. Como se a prudencia institucional fose sospeitosa por definición. Eu non o creo. Máis ben creo o contrario: cando unha institución renuncia ás garantías, tamén debilita a causa que di defender. Porque convén dicilo con claridade. Investigar non é encubrir. Gardar a reserva debida non é ocultar. Acompasar unha actuación ao marco legal non é inhibirse. A prudencia, nestes asuntos, non é covardía: é respecto ás persoas, aos feitos e ao dereito. E iso vale para todos. Para quen denuncia, que merece ser escoitada con toda a seriedade. E para quen é sinalado, que non pode ser convertido en culpable por rumor, por presión ambiental ou por veredicto de corredor. Vivimos tempos de inmediatez nas respostas. Un titular chega antes ca unha resolución. Un comentario corre máis ca unha investigación. Un cartel impacta máis ca un expediente. E unha rede social adoita ter pouca paciencia cos matices. Pero as institucións non poden actuar ao ritmo do sobresalto. Non deben moverse pola lóxica do escaparate. O seu deber é outro: soster a serenidade cando falta, poñer método onde hai ruído e non permitir que a dor, lexítima, desemboque na arbitrariedade. A loita contra o acoso merece toda a nosa firmeza. E merece tamén toda a nosa seriedade. Merece universidades que formen, prevengan e actúen. Merece espazos nos que calquera persoa saiba que a súa voz será atendida. Merece tolerancia cero ante as condutas incompatibles coa dignidade humana. Pero merece tamén que non se trivialice a gravidade destes asuntos reducindo todo a consignas, simplificacións ou sentenzas anticipadas. Unha universidade debe ser un lugar seguro. E un lugar seguro non é só aquel no que se condena rápido. É aquel no que se protexe ben. No que se acompaña con coidado. No que se actúa con rigor. No que non se abandona a ninguén, pero tampouco se sacrifica a xustiza á ansiedade pública. No que se entende que os dereitos non poden depender do volume do ruído. Eu creo nesa universidade. Nunha universidade que non cala por comodidade nin fala por impulso. Nunha universidade que non banaliza nin o dano nin as garantías. Nunha universidade que sabe que igualdade e Estado de dereito non son conceptos contraditorios, senón a mesma obriga moral expresada de dúas maneiras. Nunha universidade, en definitiva, que non escolle entre coidar ás persoas e coidar os procedementos, porque sabe que facer unha cousa ben esixe facer tamén a outra. Ao final, todo se resume nunha idea ben sinxela. Nun asunto así, unha institución que coide ás persoas non pode optar nin polo silencio nin polo linchamento. O seu deber é outro: estar á altura. Protexer sen arbitrariedades, escoitar sen prexuízos e actuar sen precipitación, non é debilidade. Chámase civilización. E eu podo afirmar orgulloso que a nosa Universidade de Vigo cumpre coa legalidade vixente en materia disciplinaria e coa necesaria e anhelada igualdade.

Tracking Pixel Contents