Galicia Fest xa está aquí!
Toda a información práctica para gozar de Galicia Fest: accesos, pulseiras, recinto e espazo seguro

Edición del año pasado del Galicia Fest. / FdV
Galicia Fest xa está aquí e a organización ultima os preparativos para recibir ao público nunha fin de semana que promete ser inesquecible, con música, diversión e moita enerxía.
Co obxectivo de facilitar a experiencia das persoas asistentes, o festival recompilou toda a información importante que cómpre coñecer antes de chegar ao recinto.
Mapa do recinto
As persoas asistentes xa poden consultar o mapa do recinto para localizar os escenarios, as barras, os food trucks e o resto de espazos do festival, evitando así perderse ningunha das propostas previstas.
Como chegar
O público asistente a Galicia Fest poderá chegar ao recinto a través de diferentes medios de transporte, tanto por terra como por mar.
- En tren
As persoas que se despracen desde Madrid poderán chegar a Vigo Urzaiz en AVE ou Alvia, sendo o AVE S106 a opción máis rápida.
Desde Porto, a conexión ferroviaria realízase a través do Tren Celta, con chegada á estación de Vigo Guixar.
No caso das persoas que viaxen desde cidades galegas como Pontevedra, Santiago de Compostela ou A Coruña, existen servizos de Media Distancia con chegada ás estacións de Vigo Guixar ou Vigo Urzaiz.
- En barco
Tamén será posible chegar por mar desde a península do Morrazo. Os portos de saída serán Cangas do Morrazo e Moaña, con servizos operados por Mar de Ons e Piratas de Nabia.
- En coche
As persoas que decidan desprazarse en coche deberán consultar previamente os aparcadoiros dispoñibles e planificar a súa chegada con antelación, co obxectivo de acceder ao recinto da forma máis cómoda posible.

Mapa parkings. / FdV
Recollida de pulseiras
Antes de acceder ao festival, as persoas asistentes deberán seguir tres pasos fundamentais: validar a súa entrada, recoller a pulseira e recargala para poder gozar de Galicia Fest.
- Punto de pulseiración – Centro Comercial Vialia Estación de Vigo
O xoves, 25 de xuño, a recollida de pulseiras estará dispoñible no Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, en horario de 18:00 a 21:00 h.
- Punto de pulseiración – Escultura de O Nadador, Vigo
O venres, 26 de xuño, e o sábado, 27 de xuño, o punto de pulseiración estará situado na Escultura de O Nadador, en Vigo, en horario de 13:00 a 22:00 h.
Espazo seguro
Durante o festival habilitarase un punto de atención na Oficina do Festival para comunicar ou denunciar calquera situación de acoso, agresión sexista ou comportamento inadecuado.
As persoas que precisen axuda poderán dirixirse ao persoal do festival. A organización traballa para que Galicia Fest sexa un espazo seguro e respectuoso para todas as persoas.
Galicia Fest agarda ao seu público para vivir unha fin de semana inesquecible!
- La madre de un vigués de 25 años que falleció por un tumor cerebral: «¿Qué habría pasado si lo hubiesen operado un año antes?»
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Bouzas activa el «plan B» para sus fiestas por la final de España y cambia el horario de una de las citas más esperadas en Vigo
- El grito de euforia de Nico Williams tras noquear a Francia: «Vamos carallo»
- El TSXG multa con 1.800 euros a un abogado gallego por presentar un recurso lleno de «alucinaciones» con decenas de citas inventadas por la IA
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- El Celta renuncia a retrasar el partido de la primera jornada