Exposición
Unha mostra celebra os 50 anos do movemento feminista organizado en Galicia baixo o lema "Eu tamén navegar"
O Consello da Cultura Galega promove a exposición que se inaugurou este venres en Fonseca, en Santiago

Arrinca a mostra "Eu tamén navegar" en Santiago. / CCG

O verso feminista de Xohana Torres, «Eu tamén navegar», relectura da Penélope d´A Odisea, é o lema da exposición coa que o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismo (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) conmemora medio século de feminismo organizado en Galicia e afonda na súa pegada social, política e cultural, que se complementa cun congreso que tamén se celebrou onte en Santiago con voces coma a de Rosario Álvarez, María Xosé Agra ou Carme Adán.
A mostra, que leva por subtítulo «As ondas do feminismo galego» e que está comisariada por Carme Adán e Montse Fajardo, busca dar a coñecer materiais producidos e xerados polo movemento feminista ao longo da súa traxectoria. Dende pancartas ata fotografías e obxectos, pero tamén cartaces, publicacións e mesmo accións simbólicas, conflúen na mostra que acollerá o Claustro Alto do Colexio de Fonseca, na capital galega, ata o 9 de xullo.
Dende o CCG explican que tres grandes bloques temáticos dan corpo e estrutura a uns contidos cuxa arela é «reinvidicar o feminismo galego como un movemento plural, combativo e profundamente trnasformador, capaz de mudar leis, discursos e vidas», segundo aseguran nun comunicado.
A primeira conquista, a do corpo propio
O primeiro chanzo, a conquista do propio corpo e da autonomía das mulleres, leva por título «Dona de seu». A sexualidade, o aborto, o divorcio ou a violencia machista son algúns dos esteos sobre os que se ergue ese bloque. Nese contexto, o CCG destaca a recuperación de episodios «pouco coñecidos», entre eles peches no Pazo de Raxoi, sede do Goberno galego e do Concello de Santiago, en solidariedade con mulleres procesadas por abortar ou referencias á primeira marcha do Orgullo en Vigo.

Imaxe da exposición. / CCG
En «Na casa non quedaremos» o foco ponse na conquista do espazo público, laboral, político e intelectual polas mulleres, reflectindo dende mobilizacións por salarios dignos ata publicacións que cuestionaban a «dobre xornada» á que se vían sometidas as mulleres, pasando pola maior presenza política que foi gañando o colectivo.
«As nenas van a todas partes» despide a exposición explorando a dimensión internacional, ecoloxista, cultural e antisistémica do feminismo galego, subliña o CCG. Aí teñen cabida dende as mobilizacións polo «Prestige» ata as d´As Encrobas. A lingua, a cultura e a identidade pechan un percorrido que tivo tamén en conta ás mulleres na elección da tipografía ou das fotógrafas destacadas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedarse dormida al volante
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Un banco pagará 6.000 euros en costas por no devolver 104 euros a una clienta de Vigo
- Un vigués logra que la Justicia le reconozca ser dueño de una finca tras 30 años de conflicto con los comuneros de Cabral