Documentos
A Galicia rural dos 80 vista por un holandés: as fotografías de Tom van Vliet súmanse aos fondo do Museo do Pobo Galego
As imaxes constitúen, segundo a entidade, un «valioso testemuño» da vida cotiá da comunidade na época da Transición, entre 1978 e 1984

Momento da doazón. / MPG

O Museo do Pobo Galego xa garda entre os seus fondos a colección de imaxes do holandés Tom van Vliet en Galicia, que constitúen un «valioso testemuño» da vida rural da autonomía na Transición, grazas ao acordo de cesión asinado entre a institución e o propio fotógrafo. Os primeiros, representados pola presidenta do Padroado, Concha Losada, expresaron o seu «orgullo» por «recibir» un legado «tan singular», mentres que o autor defendeu que non hai «mellor sitio» para acoller ese acervo documental que agora se integra nun arquivo cuxa misión é conservar, estudar e difundir o patrimonio cultural galego .
Na doazón, que inclúe as imaxes tomadas en Agolada entre 1978 e 1984, non só se inclúen todas os negativos —arredor de dous mil— e diapositivas (150) orixinas que captou van Vliet no seu periplo pola comunidade, senón tamén as achegas doutro fotógrafo, Jeroen Hoogakker, que o acompañou nas súas dúas primeiras viaxes a Galicia. Ademais, a cesión incorpora unha corentena de copias.
As imaxes conforman, segundo o Museo, un fondo de gran valor documental sobre a vida cotiá, os espazos de sociabilidade e os modos de vida dunha contorna rural «en transformación». Un veciño de Agolada que asistiu ao acto, Manuel Busto, destacou precisamente a mirada «diferente» do holandés sobre os labores diarios. «Chamáballe a atención a xente traballando coas vacas, a asistencia á igrexa, as festas ou os labores do campo», comentou.
O periplo de Vliet por Galicia
No acto de sinatura participou tamén o fotógrafo Eutropio Rodríguez, quen actuou como intermediario na cesión e é autor dun libro sobre o fotógrafo holandés, «O pálpito interior», no que examina o traballo do documentalista.

Outro momento da cesión, amosando fotografías que conformarán o fondo. / MPG
Segundo explican dende o Museo do Pobo Galego, a primeira visita de Ton van Vliet (Terborg, Holanda, 1956) a Galicia produciuse en 1978, cando, sendo aínda moi novo, chegou case por casualidade a Agolada, despois de ver un artigo nunha revista sobre a comunidad. Repetiría a súa estadía na comarca do Deza en varias ocasións e retrataría, dun xeito «próximo e repectuoso», desde escenas en tabernas a reunións sociais.
As súas imaxes, inciden dende a entidade, van máis aló do rexistro documental para se converter «nun espazo de encontro entre culturas, no que dialogan a experiencia do fotógrafo e a identidade do territorio».
Suscríbete para seguir leyendo
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Casi un tercio de la población ocupada que vive en el rural gallego necesita irse a las ciudades para trabajar
- Rafael Louzán se pronuncia sobre las opciones de Vigo para el Mundial 2030, a pocas semanas del examen de la FIFA
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- Casi 17 años de prisión para el hombre que intentó quemar viva a su expareja en Vigo
- Reclaman los recibos del agua de diez años a 200 vecinos de Gondomar bajo amenaza de corte de suministro
- La gran fiesta de Portugal que cumple 200 años a media hora de Galicia: seis días de música, fuego y tradición