«Somos pezas compostas de pequenas pezas que se contradín»
Coa súa anterior longa, «Las altas presiones», o marinense Ángel Santos facíase co Premio Nuevas Olas do Festival de Sevilla. Dez anos despois, opta a premio no Festival de Cine de Gijón con «Así chegou a noite», unha reflexión sobre o aillamento voluntario, a insatisfacción vital e o amor.

Ángel Santos. | Mario Llorca

Hai no cinema de Ángel Santos certo pictorialismo e poética que procuran facernos gozar das imaxes. No novo filme, «Así chegou a noite» , ademais plantéxanos o reto de ofrecer os case primeiros 20 minutos da película en silencio. Non significa que pase ren. Ao contrario, a acción nos planos e o calado protagonista, un ceramista chamado Pablo (Denis Gómez) métennos de cheo na incógnita da historia. A cinta adéntranos no seu silencio, que rompe Andrea, a outra protagonista (Violeta Gil), que representará a paixón pola palabra, polo amor e a amizade pero con sombras. Este domingo, poderá verse no Cineuropa.
Atópase xa en Xixón...
Dá un pouco de vertixe; é un festival que teño moi vinculado á miña traxectoria. Viña aquí hai 20 anos a escribir sobre as películas e despois programar as miñas curtas. Teño unha sensación estrana, como estar fóra de lugar.
O filme impactoume. Hai que agardar 16 minutos para escoitar por primeira vez unha voz, inda que en off; e esperar ata o 23 para oír o protagonista. Iso fai que desexe coñecer máis...
Non tiña tan cronometrado o silencio. Queriamos tratar de trasladar cal é a deriva deste personaxe que decide aillarse, cortar contacto con quen coñece, desconectar do mundo. Para iso, o silencio era fundamental pero ao mesmo tempo necesitabamos que fose un inicio activo, que pasasen cousas, que a película narrativamente se movera. Foi un reto. Haberá xente que pense que debería condensala máis [dura dúas horas] pero o filme tiña que ter o seu tempo para desenvolverse como necesita.
O protagonista masculino procura o silencio; a feminina, busca a palabra. Con cal se identifica vostede?
Ultimamente, máis co primeiro. Nestes momentos chega tanto ruído e tanta información que é máis necesario o silencio. Pero necesitabamos un personaxe que cuestionase ese punto de vista. É bonito estar nos dous lados e sentirse identificado cos dous.
Tras visionar a película sinto que lle preocupa a insatisfacción continua.
Si, preocúpame. Ten que ver co cuestionamento íntimo das cousas que facemos, do que aspiramos, conseguimos. Paréceme oportuno traelo á superficie cando fas unha creación narrativa, hai que falar dos nosos medos, da confusión e dos desexos.
Un personaxe indica que hai que queimarse na vida para vivila...
Non sei se o comparto, igual si pero dunha maneira idealizada. O personaxe de Andrea di que lle gustaba o imaxinario rebelde pero que cada un somos como somos. Non podemos cumprir todos os nosos desexos.
Como en «Las altas presiones» o personaxe dela oculta, dá unha apariencia de felicidade que non é tal.
Tamén me interesa iso para a construción narrativa, que os personaxes sexan ricos, que se contradigan. Aí hai riqueza de matices. Somos pezas compostas de pequenas pezas que se contradin.
Asemade noto o baleiro das profesións artísticas.
Eu son cineasta e ao nomealo parece que te colocas nun lugar «especial» no que esqueces o tempo de baleiro. Hai añoranza dun oficio doutro tipo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Hacienda tumba en masa las reclamaciones de marineros por la exención de IRPF
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- Revés para un desarrollo urbanístico clave en Vigo, al exigir la Xunta un examen ambiental más riguroso
- El Celta cae por aplastamiento
- «Fóiseme a olla, prendinlle lume á miña exmoza»
- Ordenan investigar la fuga de gases cancerígenos en el IEO de Vigo
- Portugal se engalana de Natal: diez ciudades de cuento por Navidad
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»