Entrevista | Pablo Castro Músico do grupo galego Alana
«Alana cambioume a visión de como sentir a música tradicional galega»
Alana é unha das novas revelacións da música tradicional galega e co seu primeiro disco xa tocaron no Intercéltico de Lorient

O grupo galego Alana. / María Cereijo

«20 e 2 señoras» é o tema que saúda o primeiro disco de Alana, «O xeito á cántigha». A poderosa voz de Antía Vázquez (Oleiros) abraia. O álbum presenta unha proposta radical a partir da música tradicional galega. Non deixa indiferente. Sonaron este verán no Festival Intercéltico de Lorient. O dj Kike Varela remesturoulles «Consuelo de muiñeira».
—Sorprendeulles que co primeiro disco no mercado xa os chamaran para actuar no Festival de Lorient?
—Si, está pasando todo moi rápido. Tamén o traballamos desde o principio, facendo o proxecto o máis profesional que puidemos. Que che dean esta oportunidade é algo que non esperas. Fíxonos moita ilusión.
—O título do disco naceu dunha recollida de Schubarth.
—É algo que queriamos transmitir co noso proxecto, facer alusión a todo o que pasa nunha recollida. Cada melodía, cada letra ten un contexto. «O xeito á cántigha» nace dunha conversación de Dorothé Schubarth con Delfina de Cerceda. Esta explícalle que ‘a muiñeira é así’ e ‘a xota é así’ máis ‘eu fagho así para darlle o xeito á cántigha’. Encantounos tanto esa frase e a forma de dicila que a escollimos como título para o noso disco. De feito, esa conversa é o inicio sempre dos nosos directos.
—Viría sendo darlle un toque especial á composición.
—Exacto, escoitar as nosas músicas, as nosas letras e intentar expresalo dunha maneira totalmente persoal aunando a música tradicional do noso país coa música máis contemporánea. Alana en termo celta significa harmonía. Iso é o que intentamos facer co proxecto.
—Cando comezaron a sentir a necesidade de dar o chimpo cara esa fusión?
—Antía Vázquez mais eu levamos mamando a música tradicional dende hai moitísimos anos, desde cativos, en asociacións. Eloy Vidal si que é produtor musical e dálle esa visión máis contemporánea. O proxecto nace entre Eloy e Antía. El escoitouna cantar a ela nun concerto de Ailá na Capitol e namorou da súa voz. Propuxo facer unha canción, «Foliada de Negreira». Despois saíu «Liñares» e chamáronme para formar un trío aportando as percusións tradicionais e as gaitas. Somos tres persoas ás que lles gusta moito o noso e queremos que ese tesouriño da nosa música evolucione da maneira na que vivimos hoxe en día.

Alana. / María Cereijo
—Nun encontro de pandeireteiras, escoitei voces que criticaban esta nova vía de mesturar o tradicional co contemporáneo.
—Iso é o bonito da nosa música. A música é unha forma de expresarse e cada un faino á súa propia maneira. Eu antes tamén era partidario desa visión máis tradicional porén Alana cambioume a visión de como sentir o noso, que cada un se exprese como queira. De todas formas, cando falamos de aunar as dúas perspectivas sempre falamos de facelo dende o respecto. A nosa base sempre son as recollidas.
—Que historia hai detrás do voso repertorio?
—Hai un pouco de todo. Intentamos traballar con material propio. Temos o APOI –Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade– en Galicia, o que é unha sorte. Xente de fóra de Galicia non ten unha ferramenta así. Tamén temos material de recollidas que nos ceden outras amigas ou amigos.
—Están xa a preparar o segundo disco?
—Gústanos facer as cousas pouco a pouco. Preparamos cousas novas. En xuño, sacamos unha recompilación de Juapita de Añobres en formato físico e de descarga.
Suscríbete para seguir leyendo
- El primer ‘coliving’ de Vigo estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- Lorena, madre de prematuras: «En Vigo tenemos una unidad de neonatología top; sienten a los bebés como propios»
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Un autobús se hunde en plena avenida de Madrid tras ceder el asfalto
- Lalín estrena curas
- Revolución urbana en la Plaza de España: acelerón a los cambios en la puerta de bienvenida a Vigo
- La avanzadilla turística, inmune a la borrasca: «Escuchamos tanto hablar de la Navidad de Vigo que teníamos que venir a verla»