Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A arte galega, no espello fotográfico de Xulio Gil

Afundación en Vigo amosa os seus retratos dos artistas sobranceiros de finais do século XX

Xulio Gil, cos retratos seus de artistas ás costas.   | // RICARDO GROBAS

Xulio Gil, cos retratos seus de artistas ás costas. | // RICARDO GROBAS / m. mato

Mar Mato

Mar Mato

VIGO

“É imposible esquecerse de Laxeiro porque era un xoguetón respetuoso. Eu cando o fotografei era novo inda que naquel momento pensaba que era maior: tiña 31 anos. El xogou comigo ata desesperarme no seu taller. Chegou un momento, xa moi canso eu, no que lle dixen ‘Mira para o espello’. Mirou e disparei”. Esta é a historia detrás do retrato que o fotógrafo Xulio Gil lle realizou a un dos grandes da pintura galega de todos os tempos e que dende onte se pode ver na sede de Afundación en Vigo na mostra “Retratos dun tempo da plástica galega”.

Un dos momentos da inauguración.

Un dos momentos da inauguración. / Ricardo Grobas

En colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, a exposición presenta a imaxe de figuras senlleiras da arte galaica das últimas catro décadas do século XX a través do foco de Gil.

Ademais de Laxeiro, figuran Menchu Lamas, Francisco Leiro, Leopoldo Nóvoa, Xaime Quessada ou Antón Pulido, entre outros moitos. Porén Xulio ao ollar atrás non se fixa no traballo feito senón no que quedou pendente.

“Hai –explica– media ducia de persoas que se me escaparon. Nunca tiven o esquema de documentalista na cabeza, senón o afectivo. Facía retratos sen ánimo de colección. Se o tivera, faríallos a todos. Aos que faltan non llos realicei porque ao remate da sesión de fotos estaba canso ou era tarde, non porque lles tivera manía. Hoxe laméntoo porque me quedaron algúns pendentes como Xosé Luis de Dios, Paco Pestana ou Luis Borrajo”.

Xulio Gil lembra que “despois de fotografar cadros e esculturas, colliamos confianza o artista máis eu, case amizade. Cando un artista ensina a súa obra, amósase espido; e vaise convertendo nunha confidencia”.

Nos retratos que se poden ver en Afundación, o xogo coa luz comanda nun proxecto que comezou a argallar na súa gabeza Xulio Gil nos anos 80 antes de que organizara unha primeira exposición de retatos no 1988.

Para Gil, a fotografía supón “un medio de expresión que non é suficientemente ben tratado. É necesario un exercicio de pedagoxía semiótica con él. Os fotógrafos deberiamos indicarlle á xente as características que fan a este medio de expresión diferente dos demais. A fotografía permite poéticas e éticas”.

Na inauguración onte, participaron o autor; o comisario, Javier Limia; o artista Antón Pulido; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e Marité Cores, coordinadora de Cultura de Afundación.

Tracking Pixel Contents