Quince obras de teatro compiten polos premios María Casares
A gala da XXVII edición terá lugar esta noite en A Coruña e por Youtube
REDACCIÓN
A gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares celébrase hoxe no Rosalía de Castro de A Coruña a partir das 20.30 horas, cun espectáculo cheo de bo humor, de ironía e de novo circo. A entrega de galardóns vai estar dirixida por Marcos Ptt (Lugo, 1977), que asina o guión xunto a Antón Coucheiro.
A gala poderase seguir a través da canle de Youtube dos Premios de Teatro María Casares. Durante a cerimonia, a xastra Cloti Vaello recibirá o Premio de Honra Marisa Soto e Clara Gayo lerá o Manifesto Galego do Día mundial do Teatro. Como novidade neste 2023, os María Casares amplían as súas categorías ao pasar de 14 a 16 para incluír así o premio á dirección do movemento e mais o premio ao espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas. Hai quince obras finalistas.
As máis nominadas
O espectáculo Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego, aspira a levar nove premios María Casares (dirección, dirección de movemento, actriz secundaria, actor secundario por partida dupla, espazo escénico, iluminación, texto orixinal e vestiario), igual que a obra As que limpan, da compañía A Panadaría (espectáculo, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actriz secundaria por partida dupla, espazo sonoro, maquillaxe e texto orixinal).
Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro, pelexará por seis galardóns (actor protagonista, actriz protagonista, actor secundario, espazo escénico, espazo sonoro, maquillaxe), como tamén o fará O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas (espectáculo, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor protagonista, actor secundario e vestiario).
Continente María, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, opta a cinco María Casares (dirección, texto orixinal, actriz protagonista, espazo sonoro e iluminación), mentres que O Deus do Pop, de Diego Anido, aspira a catro galardóns (espectáculo, actor protagonista, dirección de movemento e iluminación). Por idéntico número de premios compite A peste, do Centro Dramático Galego (adaptación-tradución, actriz secundaria, espazo escénico e vestiario).
A gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares celébrase hoxe no Rosalía de Castro de A Coruña a partir das 20.30 horas, cun espectáculo que se poderá seguir a través de Youtube.
Hai quince obras finalistas. O espectáculo Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego, aspira a levar nove premios igual que a obra As que limpan, da compañía A Panadaría. Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro, pelexará por seis galardóns, como tamén o fará O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas. Continente María, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, opta a cinco, mentres que O Deus do Pop, de Diego Anido, aspira a catro galardóns.
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Una prórroga al sistema y a Televisión Española
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Iago Aspas incendia las redes con el penalti no pitado al Celta