Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luis Zahera Actor

“O políticamente correcto no humor paréceme algo moi perigoso”

Actúa en Vigo o 8 con Manuel Manquiña e Víctor Fábregas en “Noites de retranca”

Luis Zahera. FdV

“Noites de retranca” volve aos escenarios con tres monóloguistas de lujo: Luis Zahera, Manuel Manquiña e Víctor Fábregas, que, por primeira vez nos doce anos de historia deste espectáculo de humor, coinciden sobre as taboas. Luis Zahera (Santiago,1966) é xa un vello coñecido destas “Noites de retranca”, coas que voltará ó Auditorio Mar de Vigo o día 8 (21.00 horas), directamente desde Vilagarcía, a outra parada do espectáculo na provincia. O actor compostelán, gañador dun Goya polo seú papel en “El reino”, triunfa nas plataformas dixitais con “Operación Marea Negra” e “La Unidad”.

–De que monologará o domingo en “Noites de retranca”?

–Eu sempre fago variantes do meu monólogo “Chungo”, pero agora dame por falar de miña nai. Pero tamén falaré un poco do sitio donde estou.

–Por que fala agora da súa nai?

–Básicamente, para que ría a xente con anécdotas miñas e da miña nai e con cousas relacionadas do chollo.

–Rirse de si mesmo é como unha especie de terapia?

–Terapia é una palabra moi seria. A min gústame o meu traballo, e levo tempo vivendo desto e vivo moi ben, pero de ahi a que sexa terapéutico... Aunque pode ser. Si, pode o que sexa. Un traballo que te gusta tanto como me gusta a min o miño ten a súa parte terapéutica, si.

–É vostede moi chungo?

–A verdade é que son un actor de reparto que adoita interpretar a tipos duros. Agora, na realidade entendo que non, que son bastante boiño, aunque todos temos nosa parte demoniaca, os nosos medos e as nosas frustracións. Na ficción fago de malo, pero o problema non é te encasillen, el problema é non traballar, e, eu, grazas a Dios, vou traballando e como me gusta esta profesión estou a gusto nos malos que fago. Tendo en conta que so o 7% dos homes e o 2% das mulleres viven disto, son un afortunado, polo que tanto ten facer de malo que de boo.

–Gañar un Goya é un punto de inflexión na carreira dun actor? Cambia o conto?

–Eu creo que o que cambiou o mundo foron as plataformas. Se queres, antes o Goya si que era un punto de inflexión, cando había un pouco de cine e un pouco de televisión. En termos prácticos, o que nos mudou o corpo, o que nos cambió o chollo foron as plataformas. Se te queren as plataformas mi má, triunfaches! Pero o Goya sempre é un recoñocimento da xente agradable. É algo no que levas toda a vida imaxinando chegar e cando chegas coronas unha cima moi bonita de vivir. E algo te cambia o chollo porque tes unha medalla máis: eres un actor con un Goya. Ten un poco de pedigrí. Eu son un tipo que básicamente fixo televisión e hai moitísma televisión e, eu, a verdade, estou moi a gusto.

–E logo está o escenario, que tanto vos gusta os actores. É difícil renunciar o directo?

–Dentro da falsificación, que é o noso, facelo nun palco non hai como iso. Os aplausos, o directo riguroso... Donde esté un teatro que se quite o resto. Sin ninguha dúbida, polo menos para min.

–É máis difícil facer rir o facer chorar?

–É todo o mesmo xogo. Pero sendo sincero, es más agradable facer rir. E máis nestos tiempos que corren, nos que levamos vividas tres crisis seguidas.

–A xente teñe, ademáis, moitas gañas de ir o teatro, de rir e de olvidarse dos problemas...

–Eu estiven no teatro Amaia de Madrid, con casi 700 butacas, e estaba cheo a reventar. A xente ten gañas, sí, de saír de todo isto. Neste sentido, a risa é una terapia que a xente necesita. A xente necesita facer o parvo, pintar un poco a mona.

–A retranca funciona igual fora de Galicia?

–Claro. Eu tiña ese medo absurdo de ver como fago cando chegue a Madrid, pero se entende igual. Estou descubrendo pola miña experiencia que o humor é unha cousa universal que traspasa calquiera tontería dos localismos. O humor nos iguala a todos: mulleres, homes, nenos, madrileños, murcianos, valencianos...

–Vostede é dos que pensan que o humor se pode facer de calquera cousa ou dos que pensan que todo ten os seus límites?

–Méteme un pouco de medo isto de que non se poida rir de certas cousas. Te poder rir de todo: da pederastia, da relixión, de Mahoma..., de calquera cousa. Rir é sano. Hai que saber discernir que estás facendo unha ficción, que nos estamos para o que estamos, que é unha cousa lúdica. Non hai que levalo a territorios que non se deberían de levar.

–Pero non parece que últimamente hai moita xente á que se ofende case por calquera cousa?

–Claro. Todo se amplifica e a min todo iso de o políticamente correcto, iso de ir acotando territorios que non hay por que acotar paréceme moi perigoso. Estamos falando de humor e o humor é pintar a mona, máis nada.

Compartir el artículo

stats