María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga y Andrea Maceiras son os premiados, respectivamente, do Premio Xerais de Novela, o Jules Verne de Literatura Xuvenil e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2020, no marco dos Premios Xerais 2020 de literatura.

Así o comunicou o xurado que publicou este venres en Vigo o dictame duns premios que levan consigo unha dotación de 10.000 euros. 'Coidadora' de María Marco Covelo, 'Santoamaro' de Antonio Manuel Fraña e 'A Folla azul' de Andrea Maceiras chegarán as librerías en abril do 2021.

No caso de María Marco Covelo, gañadora do Xerais de Novela, o xurado destacou desta súa primeira obra, ademais de abordar un tema de actualidade como é o das coidadoras dende a perspectiva de alguén que coñece esa profesión, o "excelente pulso narrativo" que fai partícipe a un lector "activo" da "angustia que, en ocasións, causa a profesión"

"Presenta un traballo literario pouco convencional e arriscado. Unha novela distinta, atrevida, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, que dará moito que falar", destacou o tribunal sobre a proposta da autora.

María Marco Covelo recoñeceu que, aínda que recibir este premio dá "un pouco de vertixe" é unha "gran honra" e, sobre todo, un impulso para "investigar nas entrañas da escrita, para continuar alimentándoa e que floreza máis forte". A escritora agradeceu ao xurado que apostase por unha historia "radical e chea de matices, capas e fragmentos de diversas realidades e tempos aos que se enfrenta una coidadora".

A literatura infantil e xuvenil, tamén premiadas

Xerais tamén recoñeceu aquelas obras enfocadas nos lectores máis novos. En 'Santoamaro', novela gañadora do Jules Verne de Literatura Xuvenil, Antonio Manuel Fraga relata as relacións que se establecen entre un grupo de amigos que, tras rematar o bacharelato, se xunta todas as noites de verán na praia coruñesa de Santo Amaro. O autor afonda na evolución da súa personalidade, as súas preocupacións e os conflitos propios da adolescencia.

O xurado destacou o estilo directo dunha narrativa presentada como unha función teatral e a linguaxe "próxima, clara e concisa con referentes actuáis coñecidos polo lector".

Antonio Manuel Fraga, enxeñeiro de profesión e gañador no 2013 del Merlín de Literal Infantil con 'O castañeiro de Abril', subliñou a importancia persoal que ten para el recibir este premio xa que con 'Santoamaro' afástase daqueles espazos narrativos nos que se sentía máis cómodo.

Por outro lado, 'A folla azul' de Andrea Maceiras, narra en primeira persoa a historia dunha nena nun poblado amazónico que se ve obrigada a emprender unha viaxe para salvar ao seu pobo. Durante a aventura descubrira que existe un mundo que constitúe unha ameaza de morte para o seu xeito de vida, pero que, ao esmo tempo, brinda oportunidades para loitar e preservalo.

O xurado subliñou deste traballo o seu dominio da arquitectura da narración, así como o seu profundo compromiso social. A autora comentou que este galardón é "cumprir un soño de adolescencia" e explicou que, aínda que escribiu o libro antes da pandemia, agora ten aínda máis vixencia.